GALICIA
A Xunta destina máis de 3 millóns de euros para 18 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
O período de execución destes proxectos será de dous anos, e a dotación orzamentaria da convocatoria representa un incremento dun 26,44% respecto á dotación do ano pasado.
A Xunta aprobou a resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, que sae publicada hoxe na web da Cooperación galega.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 18 proxectos: 15 proxectos de ONGD, 3 doutros axentes. Destes proxectos, 5 corresponden a agrupación de entidades. Ademais destácase que, salvo dous, un binacional en Guinea Bissau- Senegal e outro en Angola, o resto executaranse nos países prioritarios da Cooperación Galega, dos cales son 3 no Salvador, 3 en Guatemala, 3 en Perú, 2 en Nicaragua, 2 en República Dominicana, 2 en Mozambique e 1 en Honduras.
O período de execución destes proxectos será de dous anos, o 2017- 2018, e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 3.012.500 euros, o que representa un incremento dun 26,44 por cento respecto á dotación da convocatoria do ano 2016.
Os axentes de cooperación que contarán coas axudas son a Asemblea de cooperación pola paz, agrupada coa Asociación galega de reporteiros solidarios (Agareso), Amigos da terra Galicia – xuventude, Médicos do mundo, Enxeñería sen fronteiras Galicia, Cruz Vermella española, Arquitectura sen fronteiras, Fundación Balms para a infancia, Farmacéuticos mundi, Proyde, AIDA, Fundación OXFAM, Fundación “Taller e Solidaridade”, Fundación Galicia Innova, Fundación Mulleres e ICARTO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136