Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 05 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG califica de "engano" os orzamentos municipais

O Bloque Nacionalista Galego, considera que " o anuncio da alcaldesa de levar os orzamentos a aprobación en setembro é un conto mais coma os anunciados nos dous anos anteriores".

O BNG explica nun comunicado que "a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, escolle o remate das vacacións para anunciar, igual que fixo no 2015 e 2016, que está a traballar nos orzamentos municipais para propor aos grupos da corporación unha proposta de orzamentos. Por desgracia paro o pobo do Porriño, o grupo de goberno pensa que os orzamentos poden aprobarse sen que se elabore unha proposta. Porque iso é o que fixo o goberno municipal nos dous e medio que leva gobernando.  Nunca presentou unha proposta completa para negociar e conseguir os apoios necesarios para aprobalos. Só se limitou a anuncios e propostas de cara a galería e a ocupar espazos  nos  medios de comunicación".


Os nacionalistas din que "Nesta liña de falla de xestión económica, sempre tratou a alcaldesa e o seu grupo de goberno culpabilizar aos grupos da oposición da falla dun orzamento. Neste senso preguntase  o portavoz do BNG, Pedro Pereira , ¿ Pódese responsabilizar ao bng de non apoiar uns orzamentos  cando a alcaldesa nunca nos presentou unha proposta completa para o seu debate? . Seremos nos responsábeis  ou os integrantes do goberno ?. Como consideramos que non estamos nun mundo ao revés. So hai unha responsábel e esta non é  outra mais que a alcaldesa Eva García de la Torre".


Para o BNG "a coalición entre o PSOE e CDDL leva gobernando O Porriño, xa mais de dous anos, cos orzamentos elaborados polo PP no 2012, dando a sensación que este goberno está cómodo con eles xa que non tratou de mudalos. Tratar de culpabilizar ao servizo de intervención e a falla de interventora/o da responsabilidade de non ter un orzamento non ten outro nome que o de tapar a  falla de capacidade na xestión municipal deste goberno".


Por último o O Bloque Nacionalista Galego reclama "seriedade   e presentación de propostas claras, completas e motivadas tanto de gastos coma de ingresos para poder falar de chegar a acordos. Sempre estivemos e estamos dispostos a chegar a acordos, pero este goberno ten que estar disposto a escoitar tamén as propostas do bng. E a mellor maneira non é que o goberno siga insistindo diante da veciñanza e nas reunión dos colectivos sociais que non hai un orzamento por culpa do bloqueo da oposición. Ese non é o camiño para chegar a acordos e contar cun orzamento que marque as liñas de defensa e xestión pública dos servizos, que teñan un claro contido social tanto en servizos como en inversións".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.