Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 04 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Comezan as obras no pavillón de Pena de Francia

O Concello redactou un proxecto integral que lle presentará á Deputación para optar á nova liña provincial de axudas dotada de 18 millons.

[Img #34703]

 

O Concello de Mos explica nun comunicado emitido hoxe que que "leva traballando na reforma do Pavillón Pena de Francia dende o pasado mes de febreiro, momento no se que produciu o derrubamento do mesmo por mor dun forte temporal".


"Por unha banda a administración local mosense, tal e como hoxe informou a súa rexedora, a alcadesa Nidia Arévalo, logrou financiación autonómica para o cambio do solo da instalación deportiva e a reforma dos vestiarios; obras máis urxentes, cuxa contratación foi aprobada a semana pasada en Xunta de Goberno Local e que se iniciarán inmimentemente, xunto co levantamento das novas paredes que asume o seguro e a acometida do tellado da que se fará cargo o propio Concello. Todos estes traballos prevese que estean rematados a principios do vindeiro ano 2018".


Así mesmo, por outra banda, o Concello de Mos redactou un proxecto de mellora integral mediante o que se construirá un novo pavillón, que se construiría aproveitando estas partes que van a ser arranxadas agora de xeito inminente e cuxa contratación xa se atopa adxudicada dende a semana pasada. “A idea”, segundo explicou esta mañá Arévalo, “é presentar o proxecto do novo pavillón de Pena de Francia á Deputación de Pontevedra para que o inclúa na nova liña de subvencións que a administración provincial acaba de sacar, que complementa ó Plan Concellos e que está dotada de 18 millóns de euros”.


A obra de reforma da cuberta e os vestiarios do Pavillón Pena de Francia ten un orzamento de 19.413,22 euros e a pista conta cun orzamento de 58.034,29 euros. Por outra banda a construcción do novo pavillón no que se manterían estas partes que van a ser agora reparadas superará os 600.000 euros. Polo que a invesión total na reforma desta instalación deportiva será de 700.000 euros.


O Pavillón Pena de Francia dá servizo ao CEIP Pena de Francia, o Colexio de Educación Infantil e Primaria con maior número de alumnos/as de todo o municipio.


O ben municipal que resultou máis danado polo pasado temporal foi o Pavillón Pena de Francia, no que se derrubaron dúas paredes por completo existindo risco de derrubamento total de todo o Pavillón. Foron os danos máis graves rexistrados en edificacións públicas, pois era unha infraestrutura deportiva de bastante antigüidade.

 

Ademais de derrubarse por completo dúas paredes, tamén se produciu a rotura de parte da cubrición dos vestiarios producindo a entrada de auga nos mesmos. Esta cuberta actualmente era dun material translúcido.

 

Esta instalación deportiva fora construída fai máis de 20 anos sobre unha antiga pista de terra. O chan do terreo de xogo instalouse sen placa e sen acometida de drenaxe de augas, o que motivaba que o solo se atopase constantemente mollado. Así mesmo o tellado do pavillón xa sufría pequenas filtracións de auga que tras o temporal, loxicamente, incrementáronse.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.