O PORRIÑO
O Porriño logra tres cursos de Accións Formativas para Persoas Desempregadas
![[Img #34707]](upload/img/periodico/img_34707.jpg)
Logo de 2 anos de ‘seca’, sen concesión algunha de accións formativas para o concello do Porriño, “aínda sabendo a importancia das mesmas para as persoas que están sen traballo”, finalmente a Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, ven de conquerir da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Goberno de Galicia tres cursos AFD ( Accións Formativas para Persoas Desempregadas), cunha subvención de 96.174€.
Soledad Girón lembra que O Porriño é un concello de 20.000 habitantes cunha taxa de paro que foi baixando nos dous últimos anos do 26,3%-porcentaxe no que estaba cando o actual Goberno local tomara posesión- ao 18,2%-ao peche de agosto: máis dun 8% en total, grazas á posta en marcha de distintos programas formativos, impulsados e financiados polo propio Concello, e os acordos asinados con representantes do mundo empresarial, coma "Porriño Accede", os plans de emprego co-financiados coa Deputación de Pontevedra e, “agora mesmo, pendentes da concesión do PIEM ( Plan Integral de Emprego para Mulleres), plan no que temos posto gran entusiasmo, investindo tempo e recursos, máis de 100.000€ se finalmente se nos concedese”.
Os cursos impartidos polo Concello do Porriño serán: Servizos de Restaurante (HOTRO608), de nivel 2; Operacións Básicas de Restaurante e Bar (HOTRO208), de nivel 1 e, finalmente, Operacións Básicas de Cociña (HOTRO108), tamén de nivel 1.
Dende a Concellería de Emprego e Formación lémbrase ás veciñas e veciños que xa está aberto o prazo de inscrición, que o lugar para cumprimentar a mesma é a Oficina de Emprego do Porriño e que o único curso que esixe un nivel de estudos mínimo –ESO ou similar- é o de Servizos de Restaurante, que é do nivel 2.
Por último, Soledad Girón subliña que impulsar medidas para reducir o desemprego “non é só labor do Goberno local do Porriño o é, especialmente, da Xunta de Galicia, que ten competencia para elo, e as dúas administracións temos o deber e a obriga de entendernos, á marxe de posturas políticas diferentes pois cando gobernamos facémolo para os cidadáns”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115