MOS
Ventos do Val viaxou a Santander para dar un concerto incluído nun intercambio cultural
Participou a pasada fin de semana no VI Ciclo Coral Verán Musical 2017 celebrado na Igrexa de San Vicente da Maza de Guriezo.
![[Img #34775]](upload/img/periodico/img_34775.jpg)
A Coral Polifónica Ventos do Val, da mosense parroquia de Petelos, realiza ao longo do ano varios intercambios culturais atendendo a peticións das agrupacións que así llo solicitan.
Precisamente a pasada fin de semana, os días 1 e 2 de setembro, participou en Santander no VI Ciclo Coral Verán Musical 2017. O concerto de Ventos do Val incluído neste ciclo realizouse na Igrexa San Vicente da Maza de Guriezo, atendendo a unha petición do Coro de Cámara Gaudia Música (Escolanía de Guriezo Cantabria).
Xunto coa Coral Ventos do Val participaron a Coral Polifónica Santa María de Cueto (Santander) e a Coral Zozoak Abesbatza de Getxo (Bizcaia).
A Coral Ventos do Val, marcándose como obxectivo o de representar con orgullo ó municipio de Mos e cantar cancións do folclore galego fóra da Comunidade Autónoma, desprazouse ata Santander onde foi moi ben recibida; xa que na capital cántabra atópase o Centro Galego que lembra a Galicia e a tódolos seus habitantes con moito agarimo.
O concerto que Ventos do Val ofreceu en Santander estivo composto de cancións galegas, habaneiras, xotas, boleros, zarzuelas, e cancións mariñeiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149