MOS
A alcaldesa de Mos reúnese con Mobilidade para buscar unha solución ao problema co Transporte
O Concello elaborou un informe no que incluiu as deficiencias detectadas polos veciños e presentouno esta mesma mañá en Santiago.
![[Img #34788]](upload/img/periodico/img_34788.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, desprazouse esta mañá ata Santiago de Compostela para reunirse co Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro Saavedra, en aras de buscar unha solución aos problemas existentes no municipio mosense relativos ao novo servizo do Plan de Transporte Público de Galicia.
Dita problemática radica fundamentalmente en que a información existente sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente; que o servizo de transporte sufre retrasos e que hai paradas que non se respectan.
É por elo que dende o Concello de Mos redactouse un informe no que se recollen e se plasman as queixas veciñais para o cal se recabou a información necesaria entre os habitantes do municipio. Dito informe lle foi entregado hoxe pola rexedora local mosense ao Director Xeral, ao tempo que lle solicitaba a realización das xestións necesarias para que o servizo de transporte se mantivera nas condicións previas e incluso que se mellorara, posto que xa antes fóran detectadas pequenas incidencias.
Dende o Concello de Mos a preocupación por este tema é notable polos graves contratempos que se lles está a causar aos veciños e veciñas mosenses. Por iso Arévalo manifestoulle a Maestro a urxencia de solventar as deficiencias canto antes para continuar a prestarlle á veciñanza un servizo básico e vital para poder levar a cabo o seu día a día coa normalidade que antes o facían. Ante o que Ignacio Maestro se puxo en contacto coa empresa concesionaria e coa inspección para solucionar o problema o antes posible, e que se volvan a facer as paradas obrigatorias que non se están a respectar actualmente.
Pola súa banda a alcaldesa reunirase tamén mañá mesmo no Concello co responsable da empresa concesionaria do servizo de transporte para esixirlle que reanude as rutas que pasan por Mos cumprindo as frecuencias, horarios e paradas establecidos, solucionando así unha situación que está a ocasionarlles graves problemas aos veciños e veciñas de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149