Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 10 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos impartirá catro cursos AFD subvencionados pola Xunta con preto de 300.000 euros

Beneficiaranse dos mesmos durante 9 meses un total de 60 persoas preferentemente en situación de desemprego.

[Img #34810]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informaron de que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral ven de concederlle ao Concello para impartir na súa Axencia de Colocación catro Accións Formativas para Desempregados (AFDs) que contan con certificación de profesionalidade para o alumnado que as realice.


Os catro cursos concedidos son deseño de produtos gráficos, montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, montaxe e mantemento de redes de auga e soldadura oxigas e soldadura MIG/MAG.


A primeira das accións formativas que dará comezo é a de instalacións eléctricas, que se iniciará o vindeiro 14 de setembro e a selección dos/as alumnos/as realizarase o día 12 deste mesmo mes.


En cada un dos cursos participarán 15 persoas, o que sumará un total de 60 participantes. A duración de cada unha das accións formativas é de 9 meses, as catro rematarán a finais do mes de xuño de 2018. A administración autonómica subvenciona ao Concello de Mos cun total de 278. 070 euros para poder impartir estas catro accións formativas.


Os obxectivos do curso de deseño de produtos gráficos son desenvolver proxectos gráficos a partir das especificacións iniciais do produto; elaborando bosquexos, seleccionando e adecuando cor, imaxes e fontes tipográficas; creando elementos gráficos, maquetas e artes finais; utilizando ferramentas informáticas; realizando presupostos en función das características do proxecto e verificando a calidade do produto terminado.


Durante o curso de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión os seus alumnos/as poderán montar, manter e reparar as instalacións eléctricas para baixa tensión comprendidas no ámbito do Regulamento Electrotécnico para baixa tensión aplicando as técnicas e os procedementos requiridos en cada caso, conseguindo os criterios de calidade, en condicións de seguridade e cumprindo a normativa vixente.


Pola súa banda na acción formativa de montaxe e mantemento de redes de auga realizarase a montaxe, posta en servizo, operación e mantemento de redes de abastecemento e distribución de auga, así como a instalación e o mantemento de redes de saneamento, coa calidade e seguridade requiridas e cumprindo a normativa vixente.


E por último no curso de soldadura oxigas e soldadura MIG/MAG o alumnado aprenderá a realizar soldaduras e proxeccións térmicas por oxigas, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, dacordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS), con criterios de calidade, seguridade e respecto ao medio ambiente.


O Concello de Mos acaba de recibir tamén a concesión de 2 OBRADOIROS de emprego sendo prácticamente o único Concello de Galicia con esa distinción, o que significa o bo traballo e a calidade dos proxectos presentados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.