MOS
Os segredos máis interesantes da historia do ferrocarril descubriranse a partir de hoxe en Mos
Unha mostra sobre o pasado o presente e o futuro deste emblemático medio de transporte terá as súas portas abertas ao público do 9 ao 30 de setembro no Pazo dos Marqueses.
![[Img #34805]](upload/img/periodico/img_34805.jpg)
Esta semana celebrouse na biblioteca do Pazo de Mos a presentación da exposición ‘Lembranzas do Ferrocarril, pasado, presente e futuro’ á que asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Cultura e Turismo; os organizadores da mostra José C. Cabaleiro e Óscar Carrera, o presidente da Fundación Pazo de Mos, Manuel Barciela, e o presidente da Asociación de Veciños Santa Baia de Mos, Agapito Lorenzo.
Ademais de José C. Cabaleiro Romero e Óscar Carrera Vilaboa, existe unha terceira organizadora da exposición que é Nilsa J. González Solla.
A mostra poderá ser visitada no Pazo de Mos dende o 9 ata o 30 de setembro do 2017. O horario de visitas será de luns a domingo de 10:00 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 21:30 horas. As maquetas de trenes que se expoñen na mostra funcionarán de martes a venres de 17:00 horas a 20:00 horas, os sábados de 10:30 horas a 13:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas e os domingos de 10:30 horas a 13:00 horas. Os teléfonos para obter máis información sobre esta exposción son 669 888 699 e 620 102 506.
Expoñeranse pezas antigas restauradas de incalculable valor histórico e material, así como fotografías, pezas a escala –algunhas feitas a man- e maquetas de gran interese. Hoxe sábado 9 de setembro, data de inauguración da exposición, estará presente a partir das 18:00 horas da tarde Antón Lorenzo, interventor de RENFE en activo; e realizarase unha visita guiada por tódalas salas que integran a mostra.
O venres 22 de setembro ás 20.30 horas comezará unha mesa redonda sobre o tema ‘Os camiños de ferro’ coa participación de distintas persoas relacionadas co mundo do ferrocarril. O venres 29 de setembro impartirase unha charla-coloquio a cargo de Juan Aguilar Madrazo, director do IES Pino Manso do Porriño e de Xosé Ramón Iglesias Veiga, doutor en Historia, sobre ‘A liña Ourense-Vigo, un pasado e un presente’. E por último, o sábado 30 de setembro celebrarase un acto de clausura da exposición.
Ademais, durante toda a duración da mostra realizaranse, conxuntamente entre a concellería de Educación do Concello de Mos, a organización da exposición e os docentes dos propios centros educativos, visitas guiadas para o alumnado dos colexios mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149