PROVINCIA
Cambados protagonista da oferta gastronómica do festival
A proposta culinaria leva a firma de recoñecidos cociñeiros cambadeses: Pepa a Loba, Pandemonium e LumeLento serán os encargados dos menús ofertados.
![[Img #34819]](upload/img/periodico/img_34819.jpg)
Para tódolos gustos. Así será a oferta gastronómica da que poderán disfrutar os asistentes este sábado á Festa Cidade Europea do Viño. Desde as hamburguesas vexetarianas, de polo con bacon ou porco e chourizo de Lumelento, ata o bocata de porco celta e encurtidos, pulpo a feira con patacas, ovos fritos con pan de millo, bocata de embutidos caseiros ou as conservas de Pepa a Loba e Pandemonium.
Para endozar a boca e de sobremesa, Crema del cielo será a encargada de ofertarnos un amplo surtido de doces, filloas, café e té.
Todo complementado coa mellor oferta de Paco e Lola que se poderá adquirir nas barras da Festa, convertíndoo nun dos poucos festivais onde se pode disfrutar da maridaxe perfecta entre gastronomía, música e viño.
O mercadillo contará coas ultimas propostas en moda e ilustración. Tamén haberá unha escolma de elepés para tódolos gustos
No tocante ao mercadillo, poderemos desfrutar dos últimos deseños dunha das marcas máis punteiras da moda en Galicia, Vónava, así como da ropa vintage de Flamingos ou das ilustracións e láminas de Wild Margarita.
Será a ocasión perfecta para facerse con exemplares de coleccionista na tenda de Joe ou de achegarse ao mundo do roller derby da man das Brigantias.
Estarán no recinto durante toda a duración do festival, que abrirá as súas portas ás 12 da mañá e que ten entrada de balde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149