MOS
O gobernio destaca o "consenso" nos Plenos mosenses
"O 50% dos puntos votados nas sesións plenarias do 2017 foron aprobados por unanimidade e máis do 30% por maioría con apoio de parte da oposición" sinalan.
![[Img #34855]](upload/img/periodico/img_34855.jpg)
Cinco dos oito puntos da orde do día que se someteron a votación no Pleno Ordinario de onte pola tarde foron abrobados por unanimidade dos membros da Corporación Municipal mosense e os tres restantes aprobáronse por maioría co apoio ó goberno de dous dos tres grupos da oposición.
Os tres puntos que se aprobaron por maioría foron os números 4, 7 e 9 da orde do día. O punto 4 ‘Aumento dos porcentaxes establecidos no TRLRFL sobre gastos plurianuais para a execución da obra Acondicionamento do nó de Sanguiñeda’ foi votado a favor polos grupos municipais PP, GañaMos e BNG e contou coa abstención do PSOE. O punto 7 ‘Modificación do Regulamento Regulador do Réxime Interno das Ludotecas Municipais’, contou co voto a favor de tódolos grupos municipais excepto a abstención de GañaMos. E o punto 9 ‘Modificación dos representantes da Corporación Municipal en órganos doutras administracións’ tamén contou co voto a favor de tódolos grupos municipais excepto o voto en contra de GañaMos.
Esta situación tan próxima ao consenso ven sendo a tónica xeral e habitual das sesións plenarias mosenses do actual ano 2017. Dos 9 plenos que se realizaron no que vai de ano, 8 ordinarios e 1 extraordinario, o 50% dos puntos da orde do día foron aprobados pola unanimidade dos membros da Corporación Municipal, o 30,5% dos puntos aprobados por maioría absoluta (é dicir, cos votos a favor do equipo de goberno con apoio de parte da oposición) e tan só o 13,8% aprobados por maioría simple (aprobados en solitario polo goberno).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149