MOS
Mos celebra o foro de emprego ‘ACTITUD’ con alta participación de empresas
Na xornada de onte leváronse a cabo simulacros de entrevistas de selección de persoal con responsables de contratación de empresas da comarca, nas que os participantes puideron identificar as súas debilidades e fortalezas grazas a expertos de selección.
![[Img #34851]](upload/img/periodico/img_34851.jpg)
O Concello de Mos e AEMOS, no seu papel activo co compromiso social co emprego, levaron a cabo ao longo do día de onte unha nova xornada de emprego no Pazo de Mos.
‘ACTITUD’ ten como obxectivo achegar a realidade laboral a todas aquelas persoas que queiran coñecer de man de expertos en selección o seu grao de competitividade laboral atendendo aos perfís profesionais que estes requiren na selección de persoal de cada empresa. Identificáronse os postos de traballo máis demandandos e analizáronse os aspectos crave mellor valorados por estes expertos nos procesos de selección. Todo iso de maneira práctiva a través de simulacións de entrevista de selección e de recreación de contornas reais de traballo. Ademais, durante o transcurso da xornada, os participantes contaron con plataformas web deseñadas a medida para favorecer a interacción cos diferentes consultores e responsables das empresas presentes.
Os participantes no foro recibiron a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e do concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto.
A xornada de emprego comprende todo o día e durante este tempo leváronse a cabo diferentes actividades, entre as que destacan as simulacións reais de entrevistas de selección e seminarios sobre diferentes ámbitos de mellora e desenvolvemento persoal. Durante a sesión matinal, os asistentes puideron someterse a entrevistas con responsables de recursos humanos de empresas con procesos de recrutamento en curso e tras a súa realización coñeceron de man destes expertos as fortalezas e debilidades mostradas, ademais de breves informes do resultado e valoración do desenvolvemento da entrevista.
Pola tarde realizaronse varios talleres interactivos nos que os participantes analizarán aspectos crave como marca persoal, intelixencia emocional e de descubrimento da xenialidade de man de consultores especializados.
Máis de trinta empresas participaron activamente na xornada favorecendo a presenza de 40 dos seus técnicos de selección, quen, xunto a consultores de desenvolvemento persoal e profesional interactuaron cos asistentes ao evento. Estiveron representados sectores de especial impulso na creación do emprego na comarca, como automoción, naval, metal, alimentación e servizos, polo que outro dos obxectivos era que os asistentes tiveran unha aproximación real aos perfís máis demandados por estas empresas.
O número de persoas participantes na xornada foi de 150. Algunhas das empresas que participaron no evento son: BENTELER AUTOMOTIVE, DENSO SISTEMAS TÉRMICOS, GRUPO PROFAND, LEDISSON AUTOMATION & IT, GRUPO PÉREZ RUMBAO, DISGRAPE ENXEÑERÍA, ADECCO, EUROFIRMS, STAR SERVIZOS, REMAX, HOGARLÍN e NH COLLECTION HOTELS.
Dende o Concello aseguran que "con esta Xornada de Emprego AEMOS e CONCELLO DE MOS continúan comprometidos activamente co emprego, creando conxuntamente plataformas e establecendo lugares para o encontro e a participación dos diferentes actores do mercado laboral, estimulando a impicación dun forte e heteroxéneo tecido empresarial co emprego, nun territorio de alto grao de dinamismo socioeconómico. Grazas a este consorcio polo emprego as diferentes iniciativas postas en marcha ano a ano han permitendo reducir paulatinamente o número de desempregados no municipio".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149