Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 08 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Porto do Molle acolle este sábado por vez primeira unha proba puntuable da Copa Galega de Enganches de carruaxes de cabalos

A competición disputaranse durante toda a tarde nunha parcela municipal situada ao carón do río Muíños, ao finalizar haberá yincanas ecuestres e unha actuación musical.

[Img #34849]

 

Os terreos municipais do Parque Empresarial Porto do Molle (ao carón do río Muíños) acollerán este sábado pola tarde a cuarta proba puntuable da Copa de Enganches de Galicia, organizado pola Federación Hípica Gallega en colaboración co Concello de Nigrán e Deputación Provincial. Trátase dunha oportunidade única en toda a comarca de apreciar esta  disciplina deportiva, xa que é a primeira vez que se realiza dentro dunha competición oficial.   

 

O evento deportivo se presenta como unha tarde festiva, xa que ao finalizar as probas haberá yincanas ecuestres (mounted-games) e a actuación musical de 'La Patrulla', ademais se instalará unha cantina. A competición arrancará ás 17:00 horas con limoneras (nome que recibe a modalidade de enganche cun so cabalo), ás 18:00 horas con troncos (enganche con dous cabalos) e ás 18:30 horas proba libre.  "En Nigrán e en toda a comarca do Val Miñor existe unha gran afición ao cabalo, por iso falamos co Concello de Nigrán para poder celebrar esta proba aquí", sinalan dende a organización.

 

Esta Copa de Enganches de Galicia celébrase en toda a comunidade, disputándose as anteriores probas da tempada en Cartelle, Silleda e Ponteceso. Tralo seu paso por Nigrán quedan dúas máis, unha delas o 1 de outubro en Villamarín (Ourense) e outra pendiente de concretar na que se proclamarán os campeóns que optarán a representar a Galicia e á Federación Gallega no Campionato de España 2018.

 

A disciplina hípica de enganches desenvólvese en Galicia como competición federada desde o pasado ano, anteriormente realizábanse exhibicións nas diversas festas cabalares de Galicia da man de particulares ou de asociacións creadas para iso, como Club de Enganches de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.