Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 10 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Os veciños de Guláns organizan a 3ª exaltación do Pemento de Guláns

A partir das 11 horas poderanse degustar os pementos, churrasco e empanadas e as famosas tostas de marmelada de memento con tetilla.

A Asociación de Amigos do Pemento de Guláns, coa colaboración da Asociación cultural de Guláns e o Concello de Ponteareas, organiza este domingo, día 10, nas instalacións do Centro Cultural da súa parroquia a festa do pemento de Guláns. A partir das 11.00 horas estará a disposicón de todo aquel que queira achegarse unha ración deste exquisito produto, este ano, irá a acompañado de churrasco e empanada. De postre, a xa coñecida,  tosta de marmelada de pemento con tetilla. A música correrá a cargo do grupo RONCO & FOL e ao mal tempo faránlle fronte porque se chove estará instalada unha carpa para que non haia excusa e poder gozar dun día importante para esta parroquia.

 

Hai que recordar que os veciños de Guláns foron quenes surtiron, ala polos anos 50, 60, 70 de produtos da horta a toda Comarca, e incluso mais chegando ata o outro lado da ría de Vigo. Tanto é asi que o Guláns daqueles tempos era coñecida como a horta de Vigo.

 

Sen deixar no esquecemento o cultivo tradicional deste produto, contando cos medios actuais, o pemento, que esta recoñecido polo Ministerio de Industria e Agricultura como variedade tradicional, podería ser a bandeira dalgún proxecto que poña en valor os recursos desta parroquia  e que, con medios tanto humanos con técnicos actualizados, puidese ser un proxecto de futuro para os seus veciños. Mentras esperamos a que isto sexa posible, os seus veciños convidanos a visitalos, este domingo, e compartir con eles un bo prato de PEMENTO DE GULÁNS.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.