MOS
Mos aposta pola conciliación
Entre outras medidas o Concello duplica a subvención para comedor escolar e ofrece actividades extraescolares gratis.
![[Img #34892]](upload/img/periodico/img_34892.jpg)
Con motivo do inicio do novo curso escolar 2017-2018 que comeza este luns 11 de setembro, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e a edil mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaron sobre tódalas medidas postas en marcha dende o Concello para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral aos pais e nais de cativos do municipio.
Ditas medidas son a mellora da subvención para comedor escolar, as axudas para as actividades extraescolares e incluso gratuidade dalgunhas delas, as axudas para compra de material escolar, facilitar a implantación da Aula Madruga nos colexios que non dispoñen dela, a posta en marcha da nova Ludoteca Municipal en Louredo, que xunto coa de San Rafael suman 2 ludotecas en Mos e a construción da Escola Infantil A Galiña Azul de Veigadaña que eleva a 3 as garderías públicas mosenses (xunto coa da Porteliña e a de Cototorrón). Ademais de todas estas medidas, durante o próximo curso escolar seguiranse a organizar actividades clásicas de conciliación como son os xa tradicionais programa Ocio en Familia e Obradoiros Infantís de Nadal, Entroido, Semana Santa, etc.
De entre as medidas existentes, as representantes municipais destacan a mellora das bases que rixen as axudas locais para o comedor escolar e que agora subvencionan o 50% do menú, duplicándose a contía financiada polo Concello respecto do curso pasado. E outra importante optimización das bases consiste en que o prazo de solicitude desta subvención amplíase a todo o curso escolar, por se ao longo do mesmo prodúcense cambios na situación económica das familias (ata o de agora o prazo de solicitude da axuda remataba o 1 de outubro).
No caso das actividades extraescolares, dende o Concello infórmase de que a subvención das mesmas persegue o dobre obxectivo de fomentar entre os nenos e nenas mosenses hábitos de vida saudables ao tempo que se contribúe a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais dos rapaces. Deste xeito, a administración local mosense ofrece gratuitamente aos escolares de Mos actividades fóra do horario lectivo tales coma fútbol, balonmán e baloncesto e oferta cun prezo simbólico clases de natación. E ademais para os pequenos que prefiran outras actividades extraescolares que non sexan estas e as súas familias non poidan asumir íntegramente o custe económico das mesmas, o Concello de Mos subvencionaralles unha porcentaxe do prezo mensual de ditas actividades aos pais que así o soliciten.
Por outra banda dende a administración local mosense facilitarase a Aula Madruga a tódolos colexios públicos de Mos, xa que algúns non dispoñen dela, para que os pais e nais de alumnos/as que teñen que entrar a traballar a primeira hora da mañá poidan deixar no centro escolar aos seus fillos/as entre as 7.30 horas e as 9.30 horas.
Con todas estas medidas dende o equipo de goberno local preténdese “continuar na liña do apoio á conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais mosenses, así coma seguir a contribuír á mellor e maior calidade de vida dos nenos e nenas de hoxe, que son o futuro de mañá e, sobre todo, o futuro de Mos”, declararon Arévalo, Loureiro e Cebreiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149