GALICIA
A Xunta convoca as probas para controladores de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es)
O Diario Oficial de Galicia convoca as décimas probas de acceso para obter a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, ademáis da renovación da habilitación. As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta, no enderezo https://sede.xunta.es. As probas realizaranse na sede da Academia Galega de seguridade Pública, na Estrada.
Os requisitos para poder desempeñar as funcións de persoal de control de acceso son a maioría de idade; ter nacionalidade española, dalgún país membro da UE ou ter permiso de residencia e traballo en vigor; carecer de antecedentes penais; ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas e superar as probas específicas que convoca a Academia Galega de seguridade Pública (Agasp).
No ano 2010, o Goberno galego regulou por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións. Para desenvolver a función de control de acceso é obrigatorio contar coa habilitación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xunto coa obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas realizadas pola Agasp.
Esta nova regulación ofrece melloras para os empresarios do sector da hostalería e os espectáculos públicos, que tiñan reclamado en numerosas ocasións esta medida; para os usuarios e clientes, que verán reforzados os seus dereitos e seguridade e para os propios controladores de acceso, que logran o recoñecemento e a dignificación da súa profesión.
Desenvolvemento das probas
A proba de coñecementos consistirá en contestar un cuestionario de cincuenta preguntas tipo test, máis cinco de reserva, que versarán sobre temas relativos á Constitución Española, normativa básica do dereito de admisión, follas de reclamacións, posesións de armamento, medidas de seguridade en establecementos de concorrencia pública e primeiros auxilios, entre outros asuntos. Finalizados os exercicios teóricos terá lugar a segunda proba que consiste na realización dun test psicolóxico. Para obter a habilitación deberá obterse a cualificación de apto nas dúas probas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136