GALICIA
Beatriz Mato mantén unha reunión con Íñigo de la Cuadra-Salcedo, promotor da Ruta Quetzal
![[Img #34926]](upload/img/periodico/img_34926.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta semana unha reunión con Íñigo de la Cuadra-Salcedo, representante da iniciativa educativa da Ruta Quetzal, na que analizaron posibles vía de colaboración.
No encontro, de la Cuadra-Salcedo presentou á conselleira un proxecto de educación ambiental, relacionado co coidado do medio mariño e a astronomía. Mato Otero indicoulle que a Consellería analizará a posibilidade de incorporar parte desta iniciativa á planificación do departamento que dirixe, dado que as iniciativas educativas que levan o selo da Ruta Quetzal, gozan de sona non só a nivel nacional, senón tamén mundial e de feito foron recoñecidas pola Unesco.
A conselleira de Medio Ambiente destacou que son proxectos que buscan consolidar entre a mocidade os cimentos da comunidade iberoamericana, aprendendo valores culturais e de aventura, ao tempo que se fomentan actitudes en prol do coidado e respecto do medio ambiente e o coidado da natureza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136