GALICIA
BNG e PSOE apoiarán a ILP Sentido Común que promove A Mesa pola Normalización Lingüística
Confirmáronllo ao presidente da entidade nunha rolda de xuntanzas que está a ter cos diferentes grupos do Parlamento de Galiza.
![[Img #34940]](upload/img/periodico/img_34940.jpg)
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira, está a manter unha rolda de contactos cos grupos parlamentares para presentarlles a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que promove a Mesa e pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais. A súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.
Neste sentido, as deputadas do Bloque Nacionalista Galego Olalla Rodil e Montse Prado comunicáronlle ao presidente da entidade que promove o galego, o seu voto favorábel cara a este iniciativa. Do mesmo xeito a deputada socialista Concepción Burgo comprometeu o voto favorábel do seu grupo para que esta iniciativa lexislativa saia adiante.
Maceira seguirá a súa rolda de contactos este mércores 13 ás 12:00h co Secretario Xeral de Política Lingüística (SXPL), ás 14:00h co presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ás 16:30 co grupo parlamentar do Partido Popular.
Esta xuntanzas desenvolveranse respectivamente na sede da SXPL, da FEGAMP e na oficina que ten grupo do PP no Parlamento de Galiza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136