Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 13 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos recibe o curso escolar con cine ao aire libre

A cinta que se proxectará, acompañada de palomitas gratis para os asistentes, resulta especialmente interesante para público adolescente e familias con fillos/as maiores de 9 anos.

[Img #34949]As concelleiras mosenses de Participación Cidadá e Cultura e Política Social, Julia Loureiro e Sara Cebreiro, respectivamente, informaron hoxe de que o vindeiro venres, día 15 de setembro, o Concello de Mos organiza unha actividade gratuíta de cine ao aire libre no exterior do Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.

 

Dita actividade realízase como benvida ao curso escolar 2017-2018 que acaba de iniciarse.

 

A película titulada ‘La familia Bélier’ dará comezo ás 21.00 horas, sendo trasladada a proxección ao interior do edificio Multiusos en caso de choiva. Repartiranse palomitas de balde entre tódolos asistentes.

 

A cinta ten unha duración de 1 hora e 46 minutos e é especialmente interesante para público adolescente e familias con fillos/as maiores de 9 anos.

 

SINOPSE

Dentro da familia Bélier, todo o mundo é xordo, excepto a moza Paula, de 16 anos. Ela é unha intérprete indispensable para que os seus pais poidan desenvolver a súa vida de forma normal, incluíndo os labores dentro da granxa familiar. Sempre foi o vínculo entre os seus e o mundo exterior, pero Paula ten unha voz excepcional que podería convertela nunha gran cantante, iso si, á conta das súas responsabilidades familiares.

 

‘La Familia Bélier’ está dirixida por Eric Lartigau (‘Los infieles’) e compoñen o reparto Karin Viard (‘El baile de las actrices’, ‘El amor es un perfecto crimen’), François Damiens (‘Tango’, ‘La delicadeza’) e Roxane Duran (‘17 filles’, ‘El monje’, ‘La cinta blanca’).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.