Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves pon en marcha un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local

O Concello recibe o legado do fotógrafo local Alejandro Alfonso Estévez.

O Concello das Neves vén de iniciar un ambicioso proxecto de recuperación da memoria local, logo de recibir o legado do fotógrafo Alejandro Alfonso Estévez composto por máis de 3.000 negativos, en 35 mm, que recolle imaxes de habitantes do concello e da contorna dende os anos 60 do pasado século XX.

 

A maior parte dos nega vos corresponden a fotogra as de carné de centos de veciños e veciñas, aínda que tamén se inclúen numerosas fotos de estudo e de dis ntas celebracións e lugares do Concello das Neves.

 

A doazón deste arquivo gráfico, realizada por Manuel Tiago Seoane, foi aceptada de inmediato polo Concello das Neves, adquirindo o compromiso non só da súa conservación, senón tamén da súa difusión.

 

Identificación das fotografías

Para conseguir unha difusión axeitada deste legado, o primeiro paso será o proceso de identificación das fotografias “para o que é imprescindible a colaboración veciñal”, aseguran dende o Concello.


Así, dende o luns, 11 de setembro, o Concello habilita unha sala no baixo do Centro Social de luns a venres de 11 a 13 horas, para que veciñas e veciños, poidan ver as fotogra as que xa están dixitalizadas, e aportar datos sobre as persoas que aparecen nas dis ntas fotos ou en que lugar foron tomadas.

 

Amais de conseguir a correcta datación de todo o arquivo, a identificación permitirá obter o permiso das persoas que aparecen, “de tal xeito que as fotogra as poidan ser utilizadas en exposición e actos de difusión da memoria gráfica local das Neves respectando, de xeito escrupuloso, a Ley de Protección de Datos”.

 

Dar a coñecer o pasado aos máis novos

Unha vez recibido o legado de Alejandro Alfonso Estévez, Fotografo, Barbeiro e "practicante", o Concello das Neves solicitou unha subvención á Dirección Xeral de Xuventude grazas á que, o arquivo, será exposto publicamente nos formatos que os máis novos decidan. Pantallas instaladas na Casa da Xuventude de 18 a 20 horas permitirán que, mozas e mozos poidan examinar as fotos polo miúdo e poidan, se así o desexan, ofrecer as súas propias propostas ar s cas sobre as fotogra as.


Ditas propostas, que terán que ser presentadas antes do 7 de outubro, poderán incluir formatos como o gra , collage, mural, cartaze, tarxetas ou calquera proposta artisti ca que mestura varios destes formatos. Os traballos seleccionados por unha comisión que se constituirá expresamente para este certame, serán expostos nunha mostra que terá lugar no mes de outubro.

 

Vocación de con nuidade

Este será o primeiro ano no que o concello leve adiante unha labor de difusión do arquivo do fotógrafo Alejandro Alfonso Estévez, “pero non será o último” sinala o Execu vo local, xa que a inicia va nace “cunha clara vocación de con nuidade”.

 

A idea é que As Neves, “un concello que ten a sorte de contar no seu patrimonio histórico con grandes cineastas como José Gil e fotógrafos como Alejandro Alfonso Estévez, entre outros, chegue a ser iden cada como una vila na que a fotogra a sempre es vo presente”, explica o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

 

Esta inicia va, será a primeira e marcará o punto de par da “para a celebración anual dun evento relacionado coa fotogra a e a memoria gráfica local”. Trátase, conclúe o rexedor local, “de con nuar coa liña marcada de colocar As Neves no mapa e convertelo non só nun referente enolóxico e gastronómico, senón tamén cultural”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.