Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 14 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Os xogadores do Louro xa adestran no novo céspede

O Campo de Fútbol de Cototorrón recibiu onte a visita da alcaldesa de Mos que acompañou aos cativos de Fútbol 8 no seu primeiro día de adestramento.

[Img #34972]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o novo concelleiro mosense de Deportes, Baldomero Lorenzo, o tenente alcalde e edil de Contratación e Facenda, Alberto Méndez, e o de Vías e Obras, Luis Alonso, visitaron esta semana no Campo de Fútbol de Cototorrón aos xogadores/as de Fútbol 8 do Club Louro-Tameiga que comezaban os seus adestramentos da tempada 2017-2018. Durante a visita estivo tamén presente o presidente do clube, Patricio Farrapeira, así como outros membros da directiva e do equipo técnico.


Concretamente os representantes municipais compartiron a tarde con 40 nenos e nenas xogadores/as das categorías de Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns que xa puideron adestrar no novo terreo de xogo do campo.


O novo céspede artificial do Campo de Fútbol de Cototorrón leva instalado dende o pasado 23 de agosto, data dende a que as demais categorías do clube levan adestrando nestas instalacións deportivas da parroquia de Tameiga.


En total o Club Louro conta con 150 xogadores e xogadoras de diferentes idades e categorías para cuxo benestar durante os partidos e adestramentos era imprescindible a acometida da obra de renovación do céspede do terreo de xogo.


A substitución do céspede artificial do Campo de Fútbol de Cototorrón era moi necesaria dado que anterior céspede estaba moi envellecido e en mal estado xa que fora instalado hai máis de dez anos, e debido ao seu uso intensivo, presentaba unhas condicións de práctica que facían necesaria unha intervención para substituír dito pavimento deportivo e adecualo ás necesidades que garantiran un adecuado rendemento deportivo, evitando lesións inoportunas aos deportistas e á súa vez mellorando as prestacións deportivas do solo.


A fibra do anterior céspede presentaba un desgaste por desfibrilación moi importante, existían varias zonas do campo con reparacións moi deterioradas e as xuntas de unión dos panos da moqueta do céspede estaban moi remarcadas e despegadas, a punto de abrirse. É por elo que o estado presentaba dito pavimento podía provocar lesións nos deportistas, baixar o seu rendemento durante o desenvolvemento do xogo e dificultar a práctica do mesmo; defectos que demostraban que aquel sistema de céspede artificial instalado no Campo de Fútbol de Cototorrón rematara o seu ciclo de vida, facéndose necesaria a súa substitución, como así se fixo.
Para a acometida do proxecto de substitución do céspede artificial o Concello solicitou á Deputación de Pontevedra unha axuda de 120.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2017.


O Campo de Fútbol de Cototorrón foi construido pola anterior Deputación no ano 2003, que no ano 2015 lle acometeu tamén unha ampliación e mellora dos vestiarios. Actualmente o campo precisaba xa da renovación do céspede artificial. Por iso, e para dar servizo e seguridade aos centos de rapaces e rapaces que usan estas instalacións deportivas, o Concello de Mos decidiu incluir esta actuación no Plan Concellos 2017 da administración provincial e solicitar unha axuda para este fin con cargo ao devandito plan.


O proxecto de substitución do céspede artificial do Campo de Fútbol de Cototorrón permitiu reemplazar o anterior céspede, moi envellecido e en mal estado, por un novo de última xeración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.