Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 14 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local vixia a infractores que non recollen os excrementos dos cans ou deixan refugallos na vía

[Img #34978]

 

As concellerías de Seguridade e Limpeza veñen de iniciar unha Campaña de Sensibilización e Concienciación Ambiental que abrangue, ademais, o coidado dos espazos públicos, tanto no casco urbano coma nas parroquias, sublimando a importancia da separación selectiva dos residuos.


O obxectivo é o de promover e potenciar o valor e a necesidade social da reciclaxe, potenciando  o papel activo das veciñas e veciños, facilitándolles, dende o Concello, a súa colaboración coa finalidade de mellorar a separación do lixo, xa na casa, así coma o correcto verquido dos  refugallos orgánicos que será, obrigatoriamente, en bolsas que teñen que deixarse nos colectores que o Concello ten para elo.


Ademais, como xa anunciara o concelleiro de Limpeza, Orlando Márquez, co gallo da colocación de parte das novas papeleiras en diferentes partes do Porriño,  a Policía Local está a realizar xa unha especial vixilancia da recollida por parte dos seus donos dos excrementos que os cans deixen nas rúas.


Neste eido, o novo xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez  subliña que a propia Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá, Limpeza de Vías Públicas e Recollida de Residuos “contempla sancións de ata 1.500€ polo seu incumprimento”.


O novo xefe da Policía Local, logo de que se repetisen os casos de aparición fora dos lugares sinalados ou en días e horas que non son os regulamentados de desproveitos voluminosos, lembra que para a súa recollida “é preciso avisar ao Concello, fixando o día e a hora para que se faga a retirada, atopándose o Punto Limpo habilitado no Polígono da Granxa, de luns a venres,en horario de mañá”.


Tamén no caso de que se deixen estes refugallos voluminosos, coma mobles, restos de obras e sobrantes de materiais de construción ou electrodomésticos, fora dos lugares indicados, ou en horarios que non foran pechados co servizo municipal de Limpeza, os axentes da Policía Local procederán a realizar a correspondente denuncia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.