Provincia
Alcaldes do PP consideran que Caballero fala da área metropolitana en Valladolid “porque en Vigo dálle vergoña”
Nidia Arévalo e Javier Bas consideran que a Caballero en Valladolid lle esqueceu contar “detalles importantes” como que un xuíz non lle deu a razón.
Os alcaldes do Partido Popular consideran que as declaracións de Abel Caballero en Valladolid demostran o seu fracaso no impulso da área metropolitana. Así o manifestou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen considera que “o alcalde de Vigo aparcou o tema e agora que o volveu sacar tivo que ser a centos de quilómetros porque en Vigo, despois da resolución dun xuíz, cáelle a cara de vergonza”.
“Os alcaldes agradecemos a claridade de Abel Caballero que, a pesar de que ten maioría absoluta, xa anuncia que a área metropolitana non se porá en marcha ata o mandato que vén. O problema que ten nesta lexislatura sabémolo todos, incluído o propio Caballero, e é que un xuíz non lle deu a razón, algo que, por certo, esqueceu dicir en Valladolid”, incide Arévalo.
Nesta liña, a alcaldesa de Mos explica que “o alcalde de Vigo primeiro recorreu o auto xudicial que dicía que sen transporte non hai área e por iso estivo calado durante tanto tempo, porque a xustiza deulle a razón a todos os concellos que queriamos un transporte igual que o resto de Galicia”.
“O resultado da política de confrontación de Caballero foi que deixou tirado a todos os veciños de Vigo e que deixou tirados a todos os alcaldes, aos do Partido Popular que esperabamos ter un transporte metropolitano como o resto de cidade de Galicia e aos das demais forzas políticas, aos que lles dixo que a área metropolitana ía vento en popa, que era imparable e aos que lles prometeu un transporte micropolitano do que nunca máis se soubo”.
Neste mesmo sentido se manifestou o alcalde de Redondela, Javier Bas, quen recordou que “Caballero foi o que incumpriu o que firmou, foi o que retou a xudicializar as discrepancias existentes, foi Caballero o que recurriu a resolución xudicial a pesar de que anunciara que a ía respectar e foi Caballero o que deixou a Vigo como a única gran cidade galega sen transporte metropolitano, en definitiva non foi capaz de liderar a área. Iso foi o que esqueceu dicir en Valladolid”.
“A solución, como desde o principio, tena fácil: cumprir o que asinou e integrar a Vigo no transporte metropolitano en iguais condicións ás do resto de cidade de Galicia”, conclúen os populares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149