Viernes, 16 de Enero de 2026

Fonte: Concello de Vigo / Xornal21.es
Martes, 19 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

Vigo adicará 900.000 euros ao asfaltado de 8 quilómetros de rúas

Tras a Xunta de Goberno Local deste xoves, Caballero informou da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- das obras de asfaltado dun total de dezasete viais da cidade, por importe de 902.000 euros. Ademais, o Concello aprobou a humanización da rúa Fátima, por 225.000 euros.



Segundo trasladou hoxe xoves o alcalde de Vigo en rolda de prensa, o goberno local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de substitución do firme dun total de dezasete rúas da cidade, por importe de 902.000 euros, parte do convenio coa Deputación de Pontevedra.



O contrato presenta un prazo de execución de catro meses e suporá o asfaltado de oito quilómetros de rúas, apuntou Caballero, quen detallou que o Concello actuará nas rúas Viñó (Coruxo), Beirán (Matamá), Roupeiro (Matamá), Arieiro (Bembrive), Marcosende (Zamáns), Cruceiro (Alcabre), Forte (Alcabre), Viloura (Castrelos), Miraflores (Sárdoma), Monte Vixiador (Candeán), Dona Fermina (Teis), Pastora (Traviesas), Marqués de Alcedo (O Castro), Arines (O Castro), Couto (O Castro), Covadonga (Bouzas) e Eduardo Cabello (Bouzas)



"Seguimos co acondicionamento masivo das rúas de Vigo", expuxo Caballero, quen engadiu que a Xunta de Goberno Local que presidiu tamén aprobou o proxecto de humanización da rúa Fátima. Esta obra que sairá a licitación en 225.000 euros significará a actuación no vial ata o entronque coas rúas Pino e Vía Norte.



Na nomeada rúa, o Concello de Vigo prevé instalar novas redes de abastecemento, saneamento, enerxía eléctrica e alumeado público, ademáis de beirarrúas con granito e a disposición dunha zona de estacionamento, nova sinalización, mobiliario urbano e xardinería con rego automático. O prazo estimado de duración das obras é de catro meses.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.