Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
As Neves

Un incendio nun serradoiro nas Neves provoca danos materiais

Un incendio declarado esta tarde nunha fábrica de madeira no termo municipal pontevedrés das Neves causou danos materiais. O lume orixinouse nuns fornos de leña situados no secadoiro da nave. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, todos os traballadores puideron saír do serradoiro no momento do incendio.

 

Os feitos se produciron na parroquia de Tortoreos, na Carboeira. Foron varios particulares os que alertaban ao 112 Galicia ás 15:15 horas.

 

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES de Ponteareas, á Garda Civil e ao persoal do Concello.

 

A dotación do parque comarcal e os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal sufocaron totalmente o lume. A zona do secadoiro, na que se acumulaba madeira, quedou totalmente destruída.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.