GALICIA
A Xunta de Galicia reforza os servizos de preparación, apoio e acompañamento dirixidos ás familias en proceso de adopción
A responsable autonómica de Familia participou esta mañá na xornada de apertura do II Congreso galego de adopción que se está a celebrar no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González, participou esta mañá no II Congreso Galego de Adopción que organiza a Asociación Galega de Axuda á Adopción-Manaia. Especialistas e, responsables de entidades que exercen o seu labor neste ámbito, traballadores sociais e profesionais dos campos da psicoloxía, a pedagoxía e a psicoterapia abordan as expectativas e as realidades da adopción nun encontro que ten lugar nas xornadas de hoxe e mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais de participar no acto de apertura, a responsable do departamento autonómico de Familia foi a encargada dun dos relatorio do simposio no que deu a coñecer o novo programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas posto en marcha pola Administración autonómica en colaboración con Manaia. A finalidade deste programa é reforzar a axuda e o soporte ás familias adoptantes para dotalas de competencias no manexo das dificultades e necesidades específicas dos menores adoptados. “Trátase de facilitar o adecuado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado tanto ás familias como aos propios menores”, explicou.
O investimento da Xunta no desenvolvemento deste programa que se levará a cabo nos sete grandes concellos de Galicia –A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo- ascende a 44.000 euros, sendo a achega de Manaia de 7.200 euros. Entre as actuacións que se contemplan está a atención telefónica, electrónica e presencial ás familias en proceso de adopción e as familias adoptivas co fin de dar orientación e asesoramento en situacións problemáticas que poidan xurdir. Asemade, poranse en marcha grupos de apoio, escolas de nais e pais e obradoiros específicos coa presenza de familias con experiencia na adopción de menores e profesionais especializados para dotar ás familias dos recursos e habilidades imprescindibles para a integración social do menor e a súa vinculación familiar.
Outras medidas contempladas no programa son a realización de encontros anuais entre familias en procesos de adopción e adoptivas, abertas ás persoas interesadas nesta materia e coa presenza de profesionais recoñecidos para achegar a realidade da experiencia diaria de integración dun menor nacional ou doutro país ás familias neste proceso; e a organización de congresos, simposios e xuntanzas en materia de adopción.
Amparo González apuntou que este programa “debe funcionar como complemento o labor que os equipos técnicos do menor desenvolven día a día na atención ás familias”. Ao respecto, salientou que unha das grandes apostas da Administración autonómica pasa por vertebrar uns servizos integrais de formación e apoio continuo ás familias adoptantes durante todo o proceso, desde o inicio do mesmo e incluíndo cando o menor xa está na familia.
Por último, a directora xeral sinalou que tanto o programa de preparación e acompañamento posto en marcha coa asociación Manaia como o reforzamento do servizo integral de atención ás familias adoptantes son actuacións que “veñen completar un proceso continuo de mellora das ferramentas de apoio á adopción que ten a administración”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136