GALICIA
As emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas ao comercio reducíronse en Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, avanzou estes resultados ao inicio dunha xornada informativa con representantes do tecido empresarial galego co fin de abordar a reforma do comercio de dereitos de emisión na UE.
As emisións de gases de efecto invernadoiro das instalacións adheridas ao comercio de dereitos diminuíron en Galicia case un 20 por cento na última década. En concreto, as 48 instalacións galegas vinculadas ao réxime de comercio de dereitos de emisións da Unión Europea declararon en 2016 a emisión de 14,1 millóns de toneladas de CO2, o que supón unha redución de case un 8 por cento con respecto ao 2015 e preto dun 20 por cento nos últimos 11 anos. Así o avanzaba a semana pasada a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao comezo dunha xornada informativa con representantes do tecido empresarial galego para abordar a reforma do comercio de dereitos de emisións na Unión Europea.
A representante do Goberno galego considera que os datos demostran que este sistema “está a proporcionar un control efectivo sobre a emisión de gases de efecto invernadoiro”, o que o converten nun instrumento útil para a loita contra o cambio climático.
Neste senso, a titular do departamento autonómico salientou que sectores tan importantes como o da produción de enerxía eléctrica ou o de refino de hidrocarburos emitiron en 2016 un 33 e un 11 por cento menos, respectivamente, nestes últimos once anos. Isto, engadiu Beatriz Mato, “é unha mostra do compromiso desas empresas galegas co medio ambiente e coa xeración dunha parte importante da riqueza e do emprego da nosa Comunidade”.
Beatriz Mato considera que os datos demostran que este sistema “está a proporcionar un control efectivo da emisión de gases de efecto invernadoiro”, o que o converte nunha ferramenta útil na loita contra o cambio climático
Pola súa banda, a Xunta está a apostar polas mesmas políticas fixadas pola Unión Europea baseadas na eficiencia enerxética, o investimento en renovables e o impulso a unha economía baixa en carbono. Por iso, “consideramos fundamental que as instalacións sometidas aos réxime de comercio de dereitos de emisións participen neste sistema con total garantías, tendo pleno coñecemento da normativa a aplicar en todo momento”, asegurou a conselleira de Medio Ambiente.
Deste xeito, Beatriz Mato animou aos empresarios a aproveitar a oportunidade que lles brinda o encontro celebrado esta mañá na Coruña para intercambiar experiencias e recibir o asesoramento técnico necesario para a aplicación da regulación en materia de dereitos de emisións.
Accións contra o cambio climático
Ademais, Mato Otero recordou que desde o Goberno galego “temos realizado múltiples accións para fomentar e implicar a toda a sociedade na loita contra o cambio climático”, como amosan o cento de medidas impulsadas co apoio dun investimento de 148,5 millóns de euros no período comprendido entre o 2012 e o 2015.
Igualmente, destacou o proceso de elaboración da Estratexia galega de cambio climático a 2050, que será a folla de ruta que marcará os pasos a seguir co fin de paliar as consecuencias do cambio climático e lograr a efectiva adaptación.
A titular de Medio Ambiente recordou que o Goberno galego ten executado máis dun cento de medidas para mitigar os efectos do cambio climático cun orzamento que superou os 140 millóns de euros
Tamén se estableceu unha liña de axuda ás entidades locais para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.
A capa de ozono recupérase gradualmente
A redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, xunto coa erradicación de sustancias daniñas para o ozono, contribúen a mellorar a saúde da capa de ozono. Por iso, a conselleira de Medio Ambiente considerou un acerto a organización desta xornada informativa na véspera da celebración do Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono. Unha data que naceu froito do que posiblemente sexa o “acordo internacional de medio ambiente con máis éxito da historia: o Protocolo de Montreal”. Este protocolo, explicou Beatriz Mato, está a contribuír tamén á mitigación do cambio climático, por canto as sustancias eliminadas, ademais de afectar á capa, son gases de efecto invernadoiro.
Neste senso, Beatriz Mato asegurou que a capa de ozono está a rexistrar unha recuperación gradual desde o ano 1996, tal e como se desprende dun estudo realizado por Meteogalicia en colaboración coa Universidade de Santiago. “De continuar esta evolución -engadiu a conselleira- a mediados de século, estaremos nos niveis que había antes de que se iniciase a diminución”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215