PROVINCIA
Carmela Silva subliña a gala do deporte feminino como exemplo para a visibilización do papel da muller
O salón de plenos da Deputación de Pontevedra acollerá o día 29 a quinta entrega de premios e recoñecementos as mellores deportistas galegas.
![[Img #35061]](upload/img/periodico/img_35061.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou en rolda de prensa que a quinta edición da gala do deporte feminino de Galicia desenvolverase no salón de plenos da institución provincial o próximo día 29 de setembro a partires das 20,30 horas.
Silva destacou que nesta gala, organizada dende a Deputación coa colaboración de Mudega (Asociación Mulleres Deportistas Galegas), premiarase as mellores deportistas galegas do ano 2016. “Trátase, unha vez máis, dunha das accións coas que manifestamos o compromiso do noso Goberno coa visibilización do papel das mulleres en todos os ámbitos da vida pública”. A Presidenta recordou que é unha prioridade para esta Deputación visibilizar as mulleres, darlle dereitos e loitar pola igualdade.
A Presidenta destacou que as maiores alegrías no mundo do deporte na nosa comunidade “nos ás están dando mulleres, tamén algún home, pero principalmente mulleres gañando medallas a pesares de chegar moito máis tarde á alta competición, por elo nos parecía importante ter esta gala na Deputación e en Pontevedra”.
O xurado xa se reuniu, tal e como recordou Carmela Silva, e a lista de mulleres e de entidades galardoadas é coñecida. Támara Echegoyen, como mellor deportista galega; o Breogán do Grove feminino, como mellor equipo; Ángeles Barreiro, como mellor traxectoria deportiva; Ruth Ballesteros como mellor adestradora; María Bautista como mellor xuíza e Árbitra de taekwondo; Rosa Patiño como mellor directiva dun equipo; Pescamar como entidade privada máis colaboradora co deporte; Paula Montes e Óscar Losada como xornalistas; Irene Blanco como mellor deportista promesa; e Susana Rodríguez Gacio: mellor deportista con diversidade funcional.
Ademais, este ano tamén se vai homenaxear a todas as deportistas galegas que participaron nos xogos olímpicos e paralímpicos de Rio 2016, homenaxe que Carmela Silva recordou que a Deputación esta facendo en forma de exposición itinerante a todos e a todas as deportistas da provincia que participaron nos xogos, baixo o nome de “De Pontevedra a Río 2016”.
Por último, a gala contará con tres mencións especiais a Teresa Martínez Cancelo, que foi árbitra de hoquei patíns e vénse de retirar tras máis de 20 anos de profesión; a Cristina Fernández Piñeiro, a primeira árbitra que dirixiu un partido da máxima categoría de balonmán masculino en España e primeira árbitra internacional; e por último a Pilar Neira, quen fundou a Mudega e vén de abandonar, tras 10 anos, o seu cargo á fronte do colectivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149