PROVINCIA
A Xunta contará co proxecto de execución da futura Cidade da Xustiza de Vigo dentro dun mes
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves visitou a semana pasada obras de derribo da futura Cidade da Xustiza.
![[Img #35063]](upload/img/periodico/img_35063.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda avanzou que nas vindeiras semanas, o goberno galego contará xa co proxecto de adxudicación da segunda fase da obra da Cidade da Xustiza, polo que dará comezo de inmediato coa licitación dos traballos, cumprindo así cos prazos estipulados e que o novo edificio xudicial sexa unha realidade no ano 2019.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou a semana pasada obras de derribo da Cidade da Xustiza onde tamén indicou que para ir adiantando prazos se solicitou ante o concello de Vigo, no mes de agosto, a licenza para a fase II da obra, en aras dunha axilización máxima e seguir cumprindo os prazos, tal e como se ven facendo ata o de agora.
Ademais, Alfonso Rueda indicou que no seo da Comité de Seguimento do Proxecto, os distintos colectivos de ámbito xudicial trasladaron numerosas peticións de modificacións e ampliacións con respecto ao programa inicialmente previsto, o cal requiriu facer unha reestruturación do proxecto, mediante o cal ampliase a superficie inicial en 7.000 metros cadrados.
Alfonso Rueda indicou tamén que o novo proxecto de rehabilitación inclúe 7.000 metros cadrados máis para usos xudiciais
Cabe lembrar, que para axilizar ao máximo a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases, a fase de execución, coa parte de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que están xa sendo retiradas e unha segunda fase de obra de rehabilitación cun prazo de execución de 24 meses.
Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129