Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 16 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Policía Local de Mos controla as paradas do Transporte Público de Galicia e emite informes de incidencias

Todos os retrasos e ausencias certificados polos axentes locais lle están a ser remitidos á Dirección Xeral de Mobilidade polo Concello.

[Img #35073]

 

Tras reunirse o pasado 5 de setembro a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co Director Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro Saavedra, para buscar unha solución aos problemas existentes no municipio mosense relativos ao novo servizo do Plan de Transporte Público de Galicia, a Policía Local mosense –a instancia da rexedora municipal- leva unha semana emitindo informes oficiais diarios sobre o cumprimento do horario e das paradas do servizo autonómico de transporte público.


Tras unha semana de control policial por parte dos axentes locais, os informes constatan que a maioría de incidencias nas liñas que pasan por Mos son relativas a retrasos de entre 15 minutos e media hora, existindo tamén unha porcentaxe de autobuses que non pasan que foron detectados fundamentalmente no horario de mañá.


Todos os informes policiais emitidos foron enviados pola asministración local á Dirección Xeral de Mobilidade para que tome as medidas oportunas e, pola súa banda, a concelleira mosense de Mobilidade, Julia Loureiro, xa se reuniu no Concello varias veces esta semana con representantes das dúas principais empresas operadoras de transporte que pasan por Mos para esixirlles que presten o servizo segundo o establecido.


A principal problemática do Transporte Público de Galicia ao seu paso por Mos é que a información existente sobre liñas, frecuencias, horarios e paradas de autobús é insuficiente; que o servizo de transporte sufre retrasos e que hai paradas que non se respectan.


Como é lóxico, esta situación está a xerar queixas veciñais que Arévalo lle trasladou ao Director Xeral de Mobilidade ao tempo que lle solicitou a realización das xestións necesarias para que o servizo de transporte se manteña nas condicións previas e incluso que se mellore, posto que xa antes fóran detectadas pequenas incidencias.


Dende o Concello de Mos a preocupación por este tema é notable polos graves contratempos que se lles está a causar aos veciños e veciñas mosenses. A urxencia de solventar as deficiencias canto antes para continuar a prestarlle á veciñanza un servizo básico e vital para poder levar a cabo o seu día a día coa normalidade que antes o facían é vital e, por iso, dende a Policía Local se lle está a facer seguemento exhaustivo a este tema co obxectivo de que as empresas concesionarias do servizo de transporte reanuden as rutas que pasan por Mos cumprindo as frecuencias, horarios e paradas establecidos; solucionando así unha situación que está a ocasionarlles graves problemas aos veciños e veciñas de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.