Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 15 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Uns 26.115 alumnos de secundaria iniciaron o curso na área de Vigo

Nos centros hai 17.724 estudantes matriculados en educación secundaria obrigatoria (ESO), 5.849 en bacharelato e 2.687 en ensinanzas de réxime especial.

[Img #35087]

 

Un total de 26.115 escolares da área territorial de Vigo comezaron este venres as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO) bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.  

 

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 17.724 alumnos e alumnas comezaron o curso en ESO e 5.849 en bacharelato. No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, segundo os datos provisionais o número de matriculados é de 2.687.

 

 

 

 

A estes datos habería que sumar ao alumnado da FP, ensinanzas nas que a matricula aínda non se pechou

 

 

 

 

En canto á distribución por municipios destes 26.115 estudantes que hoxe volveron ás aulas, a meirande parte deles, 17.298, o fixeron en Vigo; 2.140 en Cangas; 1.332 en Redondela, 1.093 no Porriño; 996 en Mos; 972 en Nigrán; 580 en Gondomar; 485 en Baiona; 458 en Soutomaior; 395 en Salvaterra; 283 en Salceda de Caselas; e 83 en Pazos de Borbén.  

 

Co motivo do inicio do curso, o delegado territorial da Xunta na cidade, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o IES Rosais 2, onde tivo oportunidade de debater con algúns dos seus alumnos sobre as súas aspiracións futuras. Medicina ou     Enfermería gañan adeptos nas preferencias dos estudantes.           

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.