GALICIA
Novos sistemas de protección de motoristas nas autoestradas de titularidade autonómica
![[Img #35103]](upload/img/periodico/img_35103.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ven de informar do inicio da instalación de sistemas de protección de motoristas nas autoestradas de titularidade autonómica.
Vázquez Mourelle explicou que estes sistemas se colocarán ao longo de 3,5 quilómetros da AG-55 e da AG-57, actuando, nesta primeira fase nas curvas máis desfavorables, e coa previsión de continuar estendendo a lonxitude protexida en 2018.
A responsable de Infraestruturas avanzou que o seu departamento tamén está a traballar na eliminación de obstáculos e dos elementos que poden resultar potencialmente perigosos para os motoristas. Así, concretou que a Xunta xa ten redactado un proxecto específico para actuar en distintas estradas autonómicas, empezando pola autovía á Estrada, polo treito Brión-Noia e dúas estradas da contorna de Santiago (AC-537 e AC-554). Precisou que este proxecto se licitará este ano, cun investimento de máis de 500.000 euros, para executalo no 2018.
Ethel Vázquez indicou que estas actuacións importantes para a protección dos motoristas se suman ás campañas de concienciación para sensibilizar da relevancia de cumprir as normas de circulación; para promover o necesario respecto entre os distintos usuarios; e extremar as precaucións para previr sinistros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103