GALICIA
Ponse en marcha dun grupo de traballo específico para mellorar a coordinación das emerxencias en Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu o pleno ordinario da comisión, que tamén aprobou a revisión e actualización de varios Plans de Emerxencias.
![[Img #35146]](upload/img/periodico/img_35146.jpg)
O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, presidiu esta semana o pleno ordinario da Comisión Galega de Protección Civil, que aprobou a posta en marcha dun grupo de traballo específico para mellorar a coordinación das emerxencias en Galicia.
No marco do cumprimento dun dos compromisos adquiridos na Comisión Galega de Cooperación Local, acordouse a creación dun Grupo de Traballo que afrontase os traballos de mellora do mapa de emerxencias de Galicia cos obxectivos de acadar un maior grado de cobertura tanto do territorio como da poboación para optimizar os tempos de resposta.
A xestión de emerxencias dunha forma eficaz implica a participación de diversos actores e institucións, e a coordinación resulta imprescindible para afrontar a emerxencia de forma eficaz e con éxito.
Homologáronse Plans de actuación municipal para a rotura de presas e Plans de actuación fronte ao risco de incendios forestais en varios concellos
Polo que a Comisión Galega de Protección Civil como órgano colexiado de coordinación e cooperación das administracións públicas en Galicia en materia de protección civil, aprobou a posta en marcha deste grupo de traballo que terá entre as súas funcións a organización e mellora da coordinación en materia de emerxencias, organización e financiamento dos Consorcios de extinción de incendios e salvamento e dos GES, así como a coordinación das diferentes administracións na financiamento da protección civil e atención ás emerxencias.
Aprobación e homologación de Plans de Emerxencias
No seo da Comisión deuse o visto bo ao Plan de Emerxencia Exterior de Arteixo Química, ao Plan de Emerxencia Exterior de Cabo Prioriño e a revisión do Plan de Arteixo Química e de Syngenta España.
Ademais, homologáronse plans de actuación municipal para o risco de rotura da presa de Albarellos dos concellos de Beade e Cenlle, o plan de actuación municipal para o risco de inundacións do concello de Bergondo e os plans de actuación municipal fronte ao risco de incendios forestais dos concellos de Becerreá, Vilar de Barrio, Gomesende e Cortegada.
O obxecto destes plans é planificar unha resposta municipal ante este tipo de emerxencias, de xeito que os respectivos concellos teñan un dispositivo permanente en función dos riscos detectados, unha estrutura de mando e uns procedementos de actuación, catalogación dos medios cos que conta o concello, co obxectivo de que as actuacións que se leven a cabo en caso de emerxencia non sexan froito da improvisación e que a resposta que se dea sexa a máis adecuada á incidencia acontecida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103