Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A directora xeral de Explotación e Construción de Adif visita o paso a nivel do Porriño este xoves

Ao ser aprazada a entrevista prevista para este pasado luns, en madrid, entre a alcaldesa e a directora xeral de explotación e construción de adif

[Img #35151]

 

A entrevista prevista para este luns en Madrid entre a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a directora xeral de Explotación e Construción de Adif, Isabel Pardo de Vera, realizarase finalmente o vindeiro xoves, día 21, no Porriño.

 

Pardo de Vera viaxará ata a vila para coñecer in situ e en persoa o problema que causa o paso do tren polo centro do Porriño. A directora xeral estará diante mesmo das barreiras e terá ocasión de ver o pasos dos trens e, especialmente, a velocidade á que o fan, moitas veces a 140 quilómetros por hora.

 

A responsable de ADIF, que viaxa a O Porriño cando se cumpre un ano do accidente no que morreron 4 persoas e preto de 50 resultaron feridas,  manterá unha entrevista coa alcaldesa e cos voceiros dos grupos municipais e recibirá unha explicación polo miúdo do que supón para a vida dos porriñeses o feito de que os trens circulen a diario polo caco urbano.

 

O pasado día 9 houbo unha concentración en lembranza das vítimas do accidente e no acto o manifesto que se leu, consensuado por todos os grupos municipais, pediuse que se estremasen as medidas de seguridade “en tanto non se suprime o paso a nivel”, unha actuación que se demanda dende hai medio século.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.