O PORRIÑO
Desempregados podrán formarse no Porriño grazas a tres novos cursos
Unha subvención de máis de 96.000€ da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia permitirá impartir esta formación
![[Img #35153]](upload/img/periodico/img_35153.jpg)
A Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, organiza tres cursos AFD ( Accións Formativas para Persoas Desempregadas), logo de obter unha subvención de máis de 96.000€ da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os cursos impartidos polo Concello do Porriño serán: Servizos de Restaurante (de 608 horas), de nivel 2; Operacións Básicas de Restaurante e Bar (318 horas), de nivel 1 e, finalmente, Operacións Básicas de Cociña (378 horas), tamén de nivel 1.
Dende a Concellería de Emprego e Formación lémbrase ás veciñas e veciños que xa está aberto o prazo de inscrición, que o lugar para cumprimentar a mesma é a Oficina de Emprego do Porriño e que o único curso que esixe un nivel de estudos mínimo –ESO ou similar- é o de Servizos de Restaurante, que é do nivel 2.
Soledad Girón subliña que a taxa de paro no Porriño baixou nos dous últimos anos do 26,3%-porcentaxe no que estaba cando o actual Goberno local tomara posesión- ao 18,2%-ao peche de agosto: máis dun 8% en total, grazas á posta en marcha de distintos programas formativos, impulsados e financiados polo propio Concello, e os acordos asinados con representantes do mundo empresarial, coma "Porriño Accede", e os plans de emprego co-financiados coa Deputación de Pontevedra.
A concelleria sinala que na actialidade “estamos pendentes da concesión do PIEM (Plan Integral de Emprego para Mulleres)”, que suporía, “no caso de que nos fose concedido, un investimento de 100.000€ para poder impulsar medidas que axudarán a reducir o desemprego entre as porriñesas que están na procura dun traballo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184