Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 20 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva e Salustiano Mato asinan o convenio para formar o profesorado e o estudantado en materia de igualdade

A Presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou que o pleno do venres aprobará o primeiro regulamento para o uso da linguaxe inclusiva na institución provincial.

[Img #35166]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron onte o convenio para a formación do profesorado e o estudantado en materia de igualdade a través da Escola de Igualdade Maria Vinyals da institución provincial. A firma tamén acudiron a catedrática María Álvarez Lires  e Azucena Rivas, dous referentes en materia de igualdade da Universidade.

 

Carmela Silva mostrouse moi satisfeita porque tanto a Deputación como a Universidade son dúas administracións que apostan pola igualdade e declarouse “unha fan desta universidade que é unha referencia en investigación e innovación que esta situada como un referente no Sur de Galicia na educación de calidade”. “Pero, si por algo son fan –continuou Silva- e polo seu compromiso coa igualdade entre home e mulleres, onde son referente en todo o que están a facer de cara a igualdade”.

 

O convenio asinado esta mañá oferta corenta prazas entre profesorado e estudantado e consta de dous módulos. Un presencial e outro en liña que se desenvolverán entre os meses de outono de 2017 a marzo de 2018. Segundo subliñou a Presidenta da Deputación a formación abordará dende os datos que xeneran a desigualdade entre homes e mulleres, os mitos, as barreiras e estereotipos, a lexislación en materia de igualdade, a violencia machista, a  avaliación e a identificación de elementos sexistas no sistema educativo ate a linguaxe inclusiva non sexista, entre outros moitos temas.

 

Tanto Mato como Silva coincidiron no análise da “involución que estase a sofrir en materia de igualdade” “nun mundo co acceso tremendo a información -salientou o reitor-  entre as xeracións máis novas”.  Precisamente  esta é a causa pola que estes cursos son “máis necesarios que nunca” destacou a Presidenta.

 

 

 

 

Silva e Mato coinciden en subliñar a “involución que estamos a sufrir en materia de igualdade”

 

 

 


     
Por outra parte, Carmela Silva aproveitou a firma deste convenio, para anunciar que o pleno provincial do próximo venres aprobará  o primeiro regulamento para o uso da linguaxe inclusiva na institución provincial “para manter a esta administración como un referente en materia de igualdade entre homes e mulleres polo que estamos a recibir recoñecementos e premios”. Tamén presentarase a guía para o uso da linguaxe non sexista.

 

A Presidenta, por último, subliñou que se trata dun convenio “de pouco máis de sete mil euros. Pero a veces estes convenios non teñen un valor económico moi importante pero a súa importancia a teñen pola defensa dunhas ideas. E o mundo o moven as ideas e non so as cuestións económicas”.  

 

Pola súa parte, o reitor Salustiano Mato salientou o seu agradecemento pola confianza enmarcada nese convenio marco rubricado entre ambas institucións. Mato recordou que a igualdade “a Universidade de Vigo a ten moi interiorizada e, de feito, imos pola implementación do segundo plan de igualdade”. O reitor tamén destacou o gran “clúster” de investigadoras do que dispón a Universidade de Vigo en materia de igualdade “que permite que falemos dende o rigor científico nesta materia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.