GALICIA
UCGAL prepárase para atender ás reclamacións dos damnificados polas cancelacións de Ryanair
Aseguran que "as persoas afectadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar"
A aeroliña irlandesa Ryanair anunciou esta fin de semana que cancelará preto de medio centenar de voos diarios durante as próximas seis semanas. Unha manobra inesperada que en Galicia, entre o aeroporto de Santiago e o de Vigo, pode chegar a afectar a máis de catro mil persoas, cifra á que hai que sumarlle os voos cancelados no aeroporto Francisco Sá Carneiro de Oporto.
Por experiencias anteriores neste tipo de situacións e ante o previsible aumento do número de consultas e reclamacións, UCGAL xa traballa no reforzo de servizos e equipo humano para proporcionar a mellor asistencia posible ós damnificados galegos.
Nestes casos as persoas prexudicadas teñen unha serie de dereitos que a aeroliña ten que respectar como o dereito á información e á asistencia, así como o dereito ó reembolso do billete ou a un transporte alternativo e, nalgúns casos, o dereito a compensación.
Ante a gravidade, magnitude e alcance desta situación, esta entidade considera que a escusa esgrimida por Ryanair sobre as vacacións dos seus empregados é de mal pagador, xa que todo apunta - tal e como están a publicar diversos medios de comunicación- a que son outras as causas destas cancelacións e por iso, e polos trastornos ocasionados, anima as persoas con voos cancelados a presentar a súa correspondente reclamación, é máis, UCGAL non só recomenda esta vía senón que tamén, chegado o caso, acudir ás instancias xudiciais para reclamar indemnizacións por danos e prexuízos. Nesa liña, UCGAL xa traballa no deseño de accións xudiciais colectivas.
A asociación ponse a disposición do conxunto de afectados e afectadas e recórdalles que poden chamar ós teléfonos 981 56 64 11 e 981 58 66 96 en horario de 10:00 a 15:00 horas de luns a venres, ou enviar un correo electrónico a info@consumidores.gal. Igualmente poden achegarse á sede da Unión de Consumidores de Galicia en Santiago de Compostela (Rúa Boiro, No 3 – 1oA) ou ós puntos de asesoramento que UCGAL mantén abertos nos concellos de Cangas e Ames (máis información en www.consumidores.gal).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180