Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local multará con ata 1500 € os infractores que deixan refugallos na vía

[Img #35174]

 

As concellerías de Seguridade e Limpeza veñen de iniciar unha Campaña de Sensibilización e Concienciación Ambiental que abrangue o coidado dos espazos públicos incidindo na importancia da separación selectiva dos residuos.

 

O obxectivo é o de promover a reciclaxe así coma o correcto verquido dos  refugallos orgánicos que será, obrigatoriamente, en bolsas que teñen que deixarse nos colectores.

 

Ademais, como xa anunciara o concelleiro de Limpeza, Orlando Márquez, co gallo da colocación de parte das novas papeleiras en diferentes partes do Porriño,  a Policía Local está a realizar xa unha especial vixilancia da recollida por parte dos seus donos dos excrementos que os cans deixen nas rúas.

 

O xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez  subliña que a propia Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá, Limpeza de Vías Públicas e Recollida de Residuos “contempla sancións de ata 1.500€ polo seu incumprimento”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.