GALICIA
A plataforma Galiza con Catalunya convoca unha manifestación
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, aclarou que xa está comunicada á delegación do Goberno e asegurou que “si ou si, o día 30 vai a haber esta manifestación á que chamamos a todas as galegas e galegos a participar”.
![[Img #35177]](upload/img/periodico/img_35177.jpg)
A plataforma denominada "Galiza con Catalunya" anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a "convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro sábado día 30 de setembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda, en apoio á democracia e ao dereito a decidir do pobo catalán”.
En representación da Plataforma, Olaia Chaves sinalou que as organizacións que a conforman uníronse “por unha causa común que é a defensa dos dereitos colectivos dos pobos e a defensa da democracia”.
Asegurou que “desde Galiza somos conscientes de que a situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade” e denunciou que se chame “desafío secesionista ao dereito de autodeterminación dun pobo” e que se cualifique como “referendo ilegal a un acto lexítimo de expresión da democracia”.
Desde a plataforma Galiza con Catalunya condenaron tamén "a represión que se está a vivir, por mor das detencións realizadas esta mesma mañá, mais tamén por todos os acontecementos que se veñen producindo que “están poñendo en evidencia que se está aplicando o artigo 155 da Constitución de maneira encuberta”. Por iso, reiterou, “queremos expresar a nosa máis rotunda condena a estes feitos”.
Manifestación
A preguntas dos xornalistas con respecto da posibilidade de que se impida a saída da manifestación, a portavoz da plataforma lembrou que "non houbo problema algún cunha manifestación de características semellantes celebrada en Euskadi a semana pasada".
Xunto a isto, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, aclarou que xa está comunicada á delegación do Goberno e asegurou que “si ou si, o día 30 vai a haber esta manifestación á que chamamos a todas as galegas e galegos a participar”.
As organizacións que conforman a Plataforma Galiza con Catalunya son: ANOVA, Agora Galiza, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Briga, Causa Galiza, Ceivar, Centro Social Gómez Gaioso, Colectivo Nacionalista de Marín, Confederación Intersindical galega (CIG), Centro Social Fuscalho, Fronte Popular galega (FPG), Sindicato Labrego galego (SLG), Corrente Vermella, Erguer Estudantes da Galiza, Fundación Artabria, Federación Rural Galega, Galiza Nova, Isca, Mar de Lumes Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Movemento Galego ao Socialismo, Mulheres Nacionalistas Galegas, e Centro Social Xebra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180