PONTEAREAS
Incrementa o alumnado na escola de música de Ponteareas
Máis de 250 alumnos/as comezan a actividade lectiva este venres no conservatorio e na escola de música municipal.
Logo das avaliacións de recuperación, o Conservatorio municipal de Ponteareas comeza a actividade lectiva este venres día 22 cun incremento do número de matrículas, aproximadamente 15 matrículas máis que o curso pasado, durante este semana están tendo lugar as presentacións e encontros entre familias e profesores de cada especialidade instrumental.
Así, onte foi o turno dos de piano, música de cámara e conxunto e percusión. Hoxe martes o alumnado de oboe, gaita, trombón, tuba, trompeta e trompa reúnese para o reparto de horas e mañá mércores día 20 repartiranse as horas de clarinete, saxofón, violonchelo e viola; quedando o xoves 21 para as reunións de violín, guitarra, frauta e piano complementario.
O director do conservatorio, Francisco Abal, destaca o incremento da matriculación nos nenos de seis anos na escola de música e anima a tódolos cativos a participar no proxecto educativo do conservatorio.
Abal convida tamén a formar parte da Asociación de Pais e Pais do conservatorio., ANPA Adagio co que os interesados/as poden contactar a través do mail anpaadagio@gmail.com
O venres día 22 ás 20:30 horas celebraras unha reunión entre as nais e pais do alumnado, a directiva do centro e a Alcaldía do Concello de Ponteareas.
O conservatorio municipal de Ponteareas imparte formación de quince especialidades instrumentais a máis de 250 alumnos e alumnas. Dezanove profesores espertan, cada novo curso, a curiosidade e a creatividade dos máis novos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191