Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 23 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Ethel Vázquez avanza o remate o vindeiro verán das obras de mellora da travesía de Vigo, en Redondela

Con esta actuación, a Xunta busca mellorar o día a día dos veciños, favorecer os seus desprazamentos e reforzar a seguridade viaria.

[Img #35190]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou esta semana Redondela para supervisar as obras da Avenida de Vigo, a travesía que une Chapela con Vigo na PO-323, que estarán rematadas o vindeiro verán, o que supón acurtar o prazo marcado inicialmente, previsto para o mes de novembro de 2018.

 

O Goberno galego aportará o 85 por cento do custe da actuación que rolda os 2,3 millóns de euros, mentres que a Administración local investirá 369.000 euros destinados ás melloras dos servizos de saneamento e pluviais. Con este investimento no Concello de Redondela, a Xunta busca mellorar o día a día dos veciños, favorecer os seus desprazamentos e reforzar a seguridade viaria.

 

Vázquez Mourelle destacou que as actuacións están xa moi avanzadas, a pesar da súa complexidade técnica, sobre todo, no que se refire ás beirarrúas, onde o grao de execución rolda o 40%, estando máis adiantadas as da marxe esquerda. Así mesmo, remarcou que trátase dunha obra moi demandada polo Concello de Redondela, xa que supón un importante beneficio para os veciños e para o comercio da zona.

 

 

 

 

O bo ritmo de execución das obras, pese á súa complexidade técnica, fará posible acurtar o prazo inicialmente previsto de novembro de 2018

 

 

 

 

O obxectivo máis destacado desta actuación, que ten unha lonxitude dun quilómetro, é facer a zona máis accesible e máis segura, para o que se actúa na intersección que leva a Pescanova, para facilitar a saída e entrada dos camións ás industrias da contorna en condicións máis seguras.

 

Tamén se está a reforzar a seguridade dos peóns e a súa mobilidade, coa renovación integral das beirarrúas, para facilitar o tránsito dos veciños e visitantes nesta zona tan concorrida na que, xunto co mercado e a alameda, se asentan gran número de establecementos comerciais.

 

Ethel Vázquez tamén explicou que se aproveitou para mellorar a totalidade dos servizos urbanos, atendendo á petición feita polo Concello e ao seu compromiso de financiar parte destes traballos. Trátase dun proxecto ambicioso que porá en valor toda esta zona, contribuíndo á súa revitalización e un maior dinamismo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.