MOS
Verónica Romero preséntalle á alcaldesa de Mos o proxecto en Groenlandia para 2018 que lidera Chus Lago
Con esta completarán as tres etapas do desafío ‘Compromiso por la Tierra. Mil kilómetros sobre el hielo’ do que a mosense forma parte xunto coa alpinista viguesa xefa da expedición.
![[Img #35196]](upload/img/periodico/img_35196.jpg)
A alpinista mosense Verónica Romero e a representante do equipo, Luisa Pasín, reuníronse esta semana coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, no Concello para presentarlle á rexedora local o seu proxecto de cara ao vindeiro ano 2018. Actualmente Romero está a prepararse para a última etapa do desafío que, xunto con Chus Lago (líder e xefa da expedición) e Rocío García, emprendeu en 2016 baixo o título de ‘Compromiso por la Tierra’. Tras medirse cos Lagos de Laponia e o Cap de Barnes, a mosense realizará o ano que ven a última parte desta hazaña na que terá que percorrer 700 quilómetros por Groenlandia para o que deberá facer 25 quilómetros diarios durante 60 días.
Arévalo manifestoulle esta tarde a Romero a predisposición do Concello de Mos para colaborar neste novo proxecto en Groenlandia. Proxecto no que estas tres mulleres alpinistas, Lago, Romero e García, percorrerán unha ruta de 700 quilómetros que ninguén fixo nunca antes. Ningunha expedición, nin masculina nin feminina, realizara ata o de agora este percorrido.
A expedición da que forma parte Verónica Romero está valorando comezar no mes de abril de 2018, para evitar atoparse con desxeos. O motivo principal desta expedición é concienciar ó mundo sobre o cambio climático, asunto que se viu reflectido en moitas das fotografías que tomaron no Cap de Barnes e que plasman o retroceso que acusa o casquete polar. Con todo o material audiovisual que recopilen durante todo o proxecto elaborarán un documental de concienciación sobre o cambio climático e a igualdade entre homes e mulleres que Verónica Romero desexa proxectar altruistamente nos centros educativos de Mos.
A día de hoxe Romero adestra 5 horas diarias descansando os sábados, para manterse en forma de cara a este duro reto que lle espera a meses vista e do que o que máis lle preocupa é o esgotamento, contra o que trata de preparase o máximo posible.
Esta mosense de pro é unha gran amante do seu municipio, que visita semanalmente para ver aos seus pais. Sobre Mos Verónica Romero di que “lembro corretear dende pequena por tódalas súas estradas, rúas e montes; e agora, no presente, é onde está a miña xente, por iso Mos sempre está na miña alma aínda que eu físicamente me atope nooutros lugares”.
Ese mesmo amor que Romero sinte por Mos o sinte o seu Concello por ela, motivo polo cal o pasado mes de maio a administración local mosense organizou unha recepción na súa honra tras regresar da expedición polo casquete polar de Barnes. Expedición dun mes de duración que incluiu 18 días de travesía durante os que ela e a xefa da expedición, Chus Lago, e a terceira integrante da mesma, a granadina Rocío García, realizaban unha media de 12 quilómetros ao día.
Romero nunca antes se adicara á montaña, a súa disciplina era o atletismo e fai dous anos Lago propúxolle participar nun proxecto polar formado só por mulleres.
Aquel proxecto comezou en febreiro de 2016 cunha primeira expedición aos lagos xeados de Laponia en Finlandia e deu paso á segunda expedición polo casquete polar de Barnes, tras a que chegará en 2018 a de Groenlandia.
Asegura Verónica durante a expedición de Barnes chegou ao seu límite físico e psicolóxico, pero que a medida que avanzaban os días a experiencia facíase cada vez máis emocionante, coa guinda final de contemplar durante os dous últimos días un ceo azul que non puideran ver antes por mor da néboa. A deportista mosense destaca o papel da montañeira viguesa Chus Lago, “sempre dirixindo a expedición. Ir con ela é un seguro de vida”, di.
Estes tres desafíos forman tamén parte do proxecto ‘Mil kilómetros sobre el hielo’ que inclúe a primeira expedición a Laponia antes mencionada, a do casquete polar de Barnes en Canadá e a terceira, que é a de máis envergadura, de 700 quilómetros por Groenlandia. Este proxecto ten dous obxectivos fundamentais que son alertar sobre o cambio climático e a súa repercusión no medio ambiente e concienciar sobre o deporte feminino e a igualdade na práctica deportiva.
Natural da parroquia mosense de Sanguiñeda, Verónica Romero é de profesión florista e ten unha filla de 11 anos de idade que se sinte, como non podía ser doutro xeito, moi orgullosa da súa nai. Vero adica media xornada diaria aos seus adestramentos e coida moito a súa alimentación para manter unha complexión forte e poder acadar unhas metas que a moitos nos parecerán sobrehumanas e dignas dunha auténtica súper heroína.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85