Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

EU denuncia o "uso partidista" que se fai da web do Concello de Ponteareas

Esquerda Unida denuncia no pleno municipal a "parcialidade e falta de transparencia da páxina web do concello"

[Img #35200]

 

O concelleiro de EU-son en Ponteareas, Lino Costas, denunciou no pleno de onte "o uso partidista que se fai da páxina web do concello de Ponteareas", así como da "ocultación de determinados documentos mediante o acceso que precisan".

 

A páxina web do concello "é unha ferramenta imprescindible para o acceso á cidadanía de Ponteareas á información sobre as cuestións referidas a actividade promovida polas diferentes estruturas municipais. As decisións plenarias, as ordenanzas en vigor, diferentes actividades culturais, sociais, deportivas, etc" explican.

 

Na actualidade, a web "non facilita este acceso. A información non está ordenada e sinalizada de forma que a veciñanza poida, intuitivamente, encontrala e consultala" denuncian.

 

Por outra banda explican "está a utilización que se da á páxina do concello. A política de comunicación que este goberno aplica na páxina web e nas diferentes redes sociais son un claro exemplo de uso interesado de recursos públicos en beneficio exclusivo dos intereses dos partidos no goberno. Así, a maioría das novas publicadas desde a páxina web e os diferentes perfís nas redes sociais do concello expresan a actividade política das diferentes concellerías no goberno, atendendo máis ao feito propagandístico que ao informativo. É certo que a páxina ten que dar conta das actividades que realiza o concello, pero seméllase máis a unha páxina do grupo gobernante que a unha web municipal. Existe -por parte da Xunta de Goberno- un exceso de afán de publicidade en xeral, desprezando a ética máis básica e rozando a ranciedade; chegando o alcalde e a concelleira de ensino a fotografarse con menores dentro dun aula para enviar logo a foto á prensa -o que indignou a moitos pais e nais- ou a engadir na programación de festas do concello un concerto organizado polo Festival das Brétemas".

 

ESQUERDA UNIDA considera que "a política comunicativa oficial debe ser reflexo obxectivo das accións do goberno, tanto da alcaldía e da xunta de goberno como do conxunto da corporación e os diferentes departamentos de funcionariado do consistorio. Por tanto, para asegurar esa independencia informativa compre instaurar mecanismos de control sobre a transparencia e a obxectividade dos medios de expresión cos que conta a administración municipal. De feito, en novembro de 2015 aprobouse en pleno unha ordenanza de transparencia que de respectarse aseguraría o cumprimento desta independencia informativa. Unha ordenanza proposta pola Xunta de Goberno, asinada polo alcalde e que leva dous anos sen cumprirse".

 

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.