GALICIA
A CIG-Ensino esíxelle á Consellería de Educación que non permita a "discriminación na fase de prácticas por embarazo"
O sindicato docente constatou "que desde a Inspección Educativa se están a trasladar informacións contraditorias e mesmo incorrectas no caso de funcionarias embarazadas que van realizar a fase de prácticas".
A Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso a diferentes corpos docentes regula a fase de prácticas para as funcionarias e funcionarios que aproben o concurso-oposición. A base vixésimo primeira establece que a duración desta fase será de catro meses e que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.
Neste sentido, a CIG-Ensino vén de constatar que "as funcionarias en prácticas que están embarazadas ou ás que lle corresponde desfrutar do permiso por parto poden ver comprometidos e mesmo conculcados os seus dereitos fundamentais se a Consellería non adopta as medidas oportunas para que poidan desenvolver esta fase do proceso en igualdade de condicións con respecto ao resto de aprobados".
"Desde o sindicato nacionalista consideramos inaceptábel que nalgún caso a inspección educativa estea recomendando o aprazamento desta fase para o vindeiro curso". En palabras do seu secretario nacional, Suso Bermello, “resulta imprescindíbel que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos dite instrucións precisas, dirixidas a todas as Xefaturas Territoriais, para que as baixas ou os permisos relacionados co embarazo e o parto respectivamente entren dentro das xustificacións que permitan esa flexibilización”.
Por este motivo a CIG-Ensino vén de dirixir un escrito á Consellaría para "que se adopten as medidas necesarias que garantan que todas as funcionarias en prácticas que se atopen embarazadas ou o persoal que desfrute do permiso de maternidade saiban que disporán de todo o curso escolar para a realización das mesmas, e que en ningún caso se producirá unha discriminación na carreira profesional destas persoas, ben sexa na toma de posesión como funcionariado de carreira como na posíbel adxudicación de destino definitivo".
“En todo caso -engade Suso Bermello-, cómpre saber que hai xurisprudencia suficiente que, por un lado impide que se poida declarar non apta a quen non fixo as prácticas por este motivo, e tamén que recoñece o dereito a que, aínda no suposto de ter que realizalas nun curso posterior, o nomeamento como funcionaria de carreira sexa na mesma data que os seus compañeiros e compañeiras de oposición, evitando desta maneira calquera discriminación”. Desde a CIG-Ensino ínstase á Consellería a que se tomen medidas que eviten a xudicialización destas situacións para evitar que se produzan reclamacións por parte das persoas afectadas que, en todo caso, serán apoiadas por este sindicato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56