Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 22 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño saca á rúa outra forma de mercado nunha aposta pola biocultura e a alimentación saudable

O Biomercado de Tomiño chega este domingo a súa III edición.

[Img #35245]
 
Este domingo 24 de setembro o Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida máis de 60 expositores dos que a lo  menos 20 estarán adicados á alimentación saudable. Os organizadores do  Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez de Ekohuerta, fixeron a presentación aos medios no mercado de Tomiño.
 
As diferentes actividades terán lugar na Praza do Seixo, na súa contorna é no mercado. Así mesmo a Casa do Concello albergará diversas charlas e conferencias.
 
Os praceiros do Mercado de Tomiño tamén participan activamente no Biomercado, cunha variada oferta de produtos e actividades.
 
O Biomercado consolida-se como unha cita anual para a posta em valor é dinamización do comércio local, e supón unha ratificación da aposta do concello polo benestar, a ecoloxía, a biocultura, o mercado de proximidade e a dinamización do mercado local. 
 
 
A programación iníciase coa apertura dos postos ás 11h. Ao longo de todo o día desenvolveranse obradoiros relacionados coa cociña é a gastronomía, como a elaboración de almíbares, con Amparo Grandío, extracción de mel por Apícola  Requeira, comida vegana, etc. Ademáis Terán lugar charlas de temas diversos como a Vespa velutina a cargo de Claudio Fraga, minicharlas sobre compra saudable, plantas silvestres, interpretación nutricional da etiquetaxe a cargo de Silvia Méndez, etc.
 
Simultaneamente haberá actividades lúdicas tales como música en directo, zumba, cociña infantil, maxia, e unha intensa actividade de oferta degustativa.
 
Cabe mencionar, como novidade de interese, as mini charlas na Casa do Concello sobre a lista da compra e técnicas de cociña biosaudables, a etiquetaxe nutricional e o uso das plantas silvestres na alimentación, a cargo da bióloga Silvia Méndez e do experto en agricultura ecolóxica, Sergio Mejide.
 
O biomercado celebrarase durante o próximo domingo 24 de setembro e a súa programación pódese consultar na web do concello.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.