Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 25 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
Cun orzamento de 2,2 millóns de euros

A Xunta licitará de forma inminente as obras do novo xulgado de Tui

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín indicou hoxe na Cámara galega que a Xunta recibiu esta semana o proxecto básico e de execución.

[Img #35275]

 

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín avanzaba a semana pasada que de forma inminente se licitarán as obras do novo edificio xudicial de Tui. Para esta infraestrutura está previsto un investimento de máis de 2,2 millóns de euros.

 

Juan José Martín compareceu no Parlamento galego, onde indicou que en xuño xa se recibiu a auditoría enerxética do edificio e esta semana chegou o proxecto básico e de execución.


O Plan de Infraestruturas Xudiciais aprobado pola Xunta na pasada lexislatura comprende actuacións de rehabilitación, ampliación ou nova construción e obras de mantemento e mellora nos actuais edificios de xulgados. Integra a rehabilitación do antigo centro de saúde de Tui para dedicalo á nova sede xudicial, reagrupando nela as dependencias que na actualidade están dispersas.


Deste xeito, segundo indicou Juan José Martín, darase unha solución integral ás necesidades de espazo xudicial da vila, garantindo incluso futuros crecementos e permitirá solventar definitivamente os problemas de espazo das sedes xudiciais de Tui. Unha vez este finalizado a rehabilitación, 25 traballadores e traballadoras se trasladarán a este edificio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.