MOS
O aumento de horas para Dependecia permitirá prestar servizo a 12 mosenses máis
Increméntase en preto de 570 horas mensuais a maiores logrando dar servizo a todos os dependentes de maior grao.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaron a semana pasada de que a concellería de Política Social da Xunta de Galicia aprobou concederlle, dende o pasado 1 de setembro, á administración local mosense 6.812 horas anuais máis para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Dependencia, o que supón 567,66 horas mensuais a maiores.
Grazas a estas 567,66 horas a maiores atenderase a un total de 12 persoas da lista de espera que se distribúen en función do seu grado de dependencia do seguinte xeito: 2 persoas grao III, 9 de grao II e 1 de grao I; pasando a recibir servizo todas as persoas pendentes dos graos III e II e so quedarían na lista de espera dependentes de grao I.
Actualmente o SAF de Dependencia presta servizo a 62 mosenses que con este incremento de horas concedido pola Xunta pasarán a ser un total de 74 beneficiarios.
A alcaldesa reunírase o pasado mes de xuño co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para solicitarlle unha nova ampliación do SAF, posto que dende a consellería xa se lle incrementara o servizo a Mos o pasado ano 2016. Ampliación que a día de hoxe é xa unha realidade.
Os beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. O Servizo de Axuda no Fogar tamén dá unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias mosenses en risco de exclusión social.
Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.
O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social, retardar ou evitar a institucionalización e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85