Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 24 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Perruquería solidaria en Mos

Cortes de pelo e peiteados mesturaranse o 30 de setembro con música, deporte, danza e moda para axudar a ASODIFISI e AECC Mos.

[Img #35274]

 

Esta semana presentouse na sede de Torroso da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, ASODIFISI, o evento de ‘Peluquería Solidaria’ que terá lugar o 30 de setembro no exterior do Pazo de Mos para recaudar fondos en beneficio da devandita asociación e de AECC Mos (Asociación Española contra o Cancro de Mos).


Na presentación estiveron presentes o promotor do acto, Ángel García de ‘Ángel Estilistas’, a presidenta de ASODIFISI, Asunción Monroy, xunto cos/as usuarios/as da Asociación, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro.


Esta idea surxiu co obxectivo de axudar a colectivos sensibles de Mos, xa que Ángel García participou como perruqueiro invitado nunha iniciativa para recaudar fondos para familias desfavorecidas en Tomiño e decidiu importar o concepto ao seu propio municipio.


O horario da actividade será de 16.00 horas ata a medianoite, tempo durante o que os asistentes poderán cortar o pelo ou peitearse polo simbólico prezo de 5 euros que serán doados a ASODIFISI e AECC Mos. Ademais ao longo da xornada haberá desfiles, concertos, Crosstraining, baile, etc.


Haberá un total de 10 perruqueiros/as convidados ao servizo dos asistentes, procedentes tanto de Mos coma doutras localidades veciñas como Vigo, Ponteareas e O Porriño.


Nas propias palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar económicamente sen facerse ningún tratamento de perruquería tamén pode”. García espera, se o evento deste ano sae ben, poder darlle continuidade no tempo e repetilo o vindeiro ano e en moitas máis sucesivas edicións.



Os horarios das actividades :

 

Ás 17.00 horas clase de Crosstraining a cargo de Molis Box
Ás 18.00 horas exhibición de bailes de salón a cargo do clube BailaMos
Ás 19.00 horas exhibición de baile moderno a cargo de MaiSon
Ás 20.30 horas concerto da Turre’s Band
Ás 21.00 horas concerto de Argonat Band
Ás 22.00 horas concerto do grupo Algarabía
Ás 23.00 horas desfiles a cargo da tenda Top Class, de Elena Rial e actuación do grupo de hip hop Grow as Ohana

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.