Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 26 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG só contempla o cambio de trazado da liña férrea como solución ao paso a nivel do Porriño

O grupo nacionalista esixiulle á responsable de Adif que "se retomen os proxectos da saída sur de Vigo de 2006 e que fixe prazos concretos para levalos a cabo".

Durante a reunión que os grupos políticos da corporación do Porriño mantiveron a semana pasada no concello coa directora de Explotación e Construción do Adif, o BNG manifestoulle a súa oposición "á intención por parte do ministerio de Fomento de querer perpetuar o paso a nivel do Porriño. Non podemos aceptar a estas alturas que se nos plantexe como solución un paso soterrado para peóns e un elevado para vehículos. Na práctica iso suporía consolidar o actual estado de cousas e manter o problema durante décadas".

 

"Temos que lembrar que en 2006 o ministerio tiña bastante avanzados os proxectos da saída sur Vigo-Tui e un cambio no trazado da liña Tui-Redondela que pasa polo centro do Porriño. Este proxecto estivo a exposición pública e o concello do Porriño, daquela, presentou alegacións que nunca foron respostadas polo ministerio. Tempo despois, en 2010, Fomento presenta un novo estudo informativo da saída sur Vigo-Tui no que para nada se contemplaba sacar o tren do centro do Porriño. É dicir, sen dar máis explicacións nin comunicar ningún cambio aos concellos afectados (O Porriño e Mos), o ministerio metía nun caixón a variante e desbotaba por completo calquera posibilidade de quitar as vías de ferrocarril do centro do Porriño. A idea do Goberno central é manter a liña Tui-Redondela como vía para mercadorías, sen importarlle os danos que iso causa no Porriño. Na reunión de onte a responsable do Adif comunicou que se segue traballando nesa idea. Isto para nós é inadmisible" explican nun comunicado.

 

"Por que se desbotou un proxecto que estaba xa bastante avanzado? Por que non se contestaron as alegacións? "Son preguntas que o BNG plantexou na reunión  e que non teñen resposta por parte do Adif.

 

Dende o BNG esixen ao Adif "que retome  variante  cara Redondela por fora do centro urbano, se propoñan trazados para consensuar cos concellos e que se fixen prazos concretos para os estudos técnicos e a redacción dos proxectos. Calquera demora inxustificada neses traballos significaría que Fomento non ten interese en resolver o problema. Entrementres, o BNG só aceptará obras de mellora da seguridade para peóns e vehículos no paso a nivel. Convidamos ao resto dos grupos políticos a manter unha posición unánime de toda a corporación na esixencia dun cambio de trazado como única solución de futuro para o tren no Porriño".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.