GALICIA
As melloras tecnolóxicas na predición meteorolóxica permitirán avaliar con maior precisión posibles riscos
O coordinador de Meteogalicia, Juan Taboada, participou esta semana nunha xornada sobre a evolución da previsión meteorolóxica e a súa repercusión na seguridade marítima.
![[Img #35265]](upload/img/periodico/img_35265.jpg)
A evolución da tecnoloxía dos sistemas que se empregan para a predición meteorolóxica permitirán avaliar con maior precisión posibles riscos. Así o puxo de manifesto Juan Taboada, coordinador de Meteogalicia, que participou esta semana nunha xornada na que se analizou a evolución dos mecanismos para realizar as previsións meteorolóxicas é, especialmente, a súa repercusión na seguridade marítima, organizada pola Organización de Palangreros Guardeses (Orgapu).
Sinalou que a meteoroloxía é un campo que non se podía quedar atrás nese cambio e que, grazas a esa evolución, na actualidade o desenvolvemento de tecnoloxías de observación e de cálculo permiten a que os prognósticos, como por exemplo os do mar, acaden unha precisión suficiente como para que as persoas que traballan neses medio non se enfronten a situacións de risco sen coñecemento previo da situación. Unha tendencia que se manterá no futuro, xa que prevé que os prognósticos evolucionen máis grazas aos expertos e á apredizaxe automática que aportan maior precisión.
Tamén destacou que para chegar ata este punto, houbo figuras como o Padre Baltasar Merino, que foi tomando medidas que permitiron coñecer a atmosfera e o medio mariño e que facilitou que os prognósticos fosen cada vez máis acertados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101