Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 26 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Dous alumnos do ColexioChandebrito finalistas do concurso internacional de debuxo que organiza Aqualia

Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco recibiron a semana pasada o premio de mans da tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago.

[Img #35266]

 

A teniente de Alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia, Marián Lago, fixeron entrega a semana pasada do premio internacional de debuxo infantil 'El ciclo del agua, una aventura para valientes' aos alumnos do Colexio Estudio de Chandebrito Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco, ámbolos dous finalistas. Ao acto asistiron tamén os edís de Educación e Participación Cidadá.

 

'O ciclo da auga, unha aventura para valentes' foi o lema elixido por Aqualia para o lanzamento da XIV edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. No certamen, organizado con motivo do Día Mundial da Auga, participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios de España, Portugal, Italia e República Checa en cuxas poboacións está presente Aqualia. O  obxectivo é implicar aos nenos, dun xeito divertido, no coñecemento da xestión do ciclo integral do auga a través dunha gran aventura digna dos máis valentes.

 

O concurso realizouse nunha contorna dixital a través do  microsite www.elciclodelaguaparavalientes.es, onde se mergullaron nun conto que potenciou a súa motivación e diversión, tendo que superar varias probas ao longo da aventura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.